[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Gran Premio da China de 2018

Modelo:Competición deportivaGran Premio da China de 2018
Imaxe
Nome oficialFormula 1 2018 Heineken Chinese Grand Prix Editar o valor en Wikidata
TipoGran Premio de China Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 2018 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento56 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto Internacional de Xangai (Jiading (pt) Traducir) 31°20′20″N 121°13′11″L / 31.338888888889, 121.21972222222 Editar o valor en Wikidata
Lonxitude5,451 km Editar o valor en Wikidata
PaísRepública Popular da China Editar o valor en Wikidata
Data15 de abril de 2018 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoDaniel Ricciardo (Red Bull Racing) Editar o valor en Wikidata
Pole positionSebastian Vettel (01:31,095) Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaDaniel Ricciardo (01:35,895) Editar o valor en Wikidata

O Gran Premio da China de 2018 oficialmente 2018 Formula 1 Heineken Chinese Grand Prix foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 15 de abril de 2018 no Circuíto Internacional de Xangai da China. Foi a terceira carreira da tempada de Fórmula Un 2018, e marca o décimo quinta vez que o Gran Premio da China disputouse como unha rolda do Campionato Mundial de Fórmula 1.

Pneumáticos dispoñibles

[editar | editar a fonte]
Pneumáticos dispoñibles para Shanghai
Para pista seca De chuvia
Représentation des pneus ultra tendres
Ultrabrandos
Représentation des pneus tendres
Brandos
Représentation des pneus médium
Medios
Représentation des pneus intermédiaires
Intermedios
Représentation des pneus pluie
Chuvia

Práctica

[editar | editar a fonte]

Lewis Hamilton foi o máis rápido na primeira práctica libre (FP1) e na FP2. Sebastian Vettel foi máis rápido na FP3. Durante a FP3, o turbo de Daniel Ricciardo fallou, requirindo unha reconstrución completa.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

O equipo de boxes de Daniel Ricciardo aínda montaba freneticamente o motor do coche Red Bull cando comezou a clasificación, puido sacar o seu coche na Q1 con pouco máis de tres minutos para o fin da sesión. Coa súa primeira e única volta posible na Q1, terminou a sesión no posto 13º. Charles Leclerc, mentres tanto, trompeou o seu Sauber e non conseguiu pasar da Q1. Marcus Ericsson recibiu unha sanción de 5 postos para a carreira e 3 puntos na súa súper licenza, por ignorar as dúas bandeiras amarelas que axitaban a Leclerc. Despois de cualificar no 6º posto en Bahrain, Pierre Gasly tampouco conseguiu pasar da Q1.

Ferrari pechou a primeira liña da grella por segunda carreira consecutiva, a primeira vez desde 2006 que o equipo consegue esta fazaña. Sebastian Vettel clasificou na pole position cun tempo de 1:31.095, un novo récord. Mercedes pechou a segunda liña da grella e Red Bull a terceira.

Sebastian Vettel conseguiu saír ben no inicio, pero o seu compañeiro de equipo, Kimi Räikkönen, perdeu posicións, caendo a cuarto posto por detrás de Bottas e Verstappen. Hamilton caeu ao quinto posto, mentres que Ricciardo mantivo o sexto lugar. Tras as primeiras paradas en boxes, Bottas logrou pasar a Vettel e posteriormente superou a Kimi Räikkönen, que aínda non parara, para liderar. Na volta 30, os coches Toro Rosso de Brendon Hartley e Pierre Gasly chocaron na forquita. Gasly recibiu unha penalización de 10 segundos e os restos deixados na pista resultaron na saída do coche de seguridade. Durante o período do automóbil de seguridade, os dous coches de Red Bull trocaron pneumáticos novos na mesma volta, nun cambio dobre. Mercedes tivo a oportunidade de entrar a Hamilton, pero deixouno para preservar a posición na pista. Bottas mantivo o liderado da carreira no reinicio logo do automóbil de seguridade. Max Verstappen saíuse na volta 39 mentres loitaba con Lewis Hamilton para a 3ª posición, perdendo unha posición con Ricciardo. Os dous Red Bulls superaron a Hamilton e Ricciardo superou a Vettel polo 2º posto. Na Volta 43, Max Verstappen chocou con Sebastian Vettel na forquita, o que provocou que ambos pilotos saísen da pista e Vettl perdese posicións, debido aos danos nos baixos. Verstappen recibiu unha sanción de 10 segundo polo incidente. Na volta 45, Ricciardo superou a Bottas no liderado da carreira, que mantivo ata a bandeira a cadros. Na penúltima volta, Vettel foi superado por Fernando Alonso e significou que terminaría no 8º posto.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Cualificación

[editar | editar a fonte]
Pos. Piloto Construtor Tempos Grella final
Q1 Q2 Q3
1 5 Alemaña Sebastian Vettel Ferrari 1:32.171 1:32.385 1:31.095 1
2 7 Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari 1:32.474 1:32.286 1:31.182 2
3 77 Finlandia Valtteri Bottas Mercedes 1:32.921 1:32.063 1:31.625 3
4 44 Lewis Hamilton Mercedes 1:33.283 1:31.914 1:31.675 4
5 33 Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-TAG Heuer 1:32.932 1:32.809 1:31.796 5
6 3 Australia Daniel Ricciardo Red Bull Racing-TAG Heuer 1:33.877 1:32.688 1:31.948 6
7 27 Alemaña Nico Hülkenberg Renault 1:33.545 1:32.494 1:32.532 7
8 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 1:33.464 1:32.931 1:32.758 8
9 55 España Carlos Sainz Renault 1:33.315 1:32.970 1:32.819 9
10 8 Francia Romain Grosjean Haas-Ferrari 1:33.238 1:32.524 1:32.855 10
11 20 Dinamarca Kevin Magnussen Haas-Ferrari 1:33.359 1:32.986 11
12 31 Francia Esteban Ocon Force India-Mercedes 1:33.585 1:33.057 12
13 14 España Fernando Alonso McLaren-Renault 1:33.428 1:33.232 13
14 2 Bélxica Stoffel Vandoorne McLaren-Renault 1:33.824 1:33.505 14
15 28 Brendon Hartley Scuderia Toro Rosso-Honda 1:34.013 1:33.795 15
16 35 Sergey Sirotkin Williams-Mercedes 1:34.062 16
17 10 Francia Pierre Gasly Scuderia Toro Rosso-Honda 1:34.101 17
18 18 Lance Stroll Williams-Mercedes 1:34.285 18
19 16 Charles Leclerc Sauber-Ferrari 1:34.454 19
20 9 Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 1:34.914 20[1]
107% tempo: 1:38.622
Fonte:[2]
Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 3 Australia Daniel Ricciardo Red Bull Racing-TAG Heuer 56 1:35:36.380 6 25
2 77 Finlandia Valtteri Bottas Mercedes 56 +8.894 3 18
3 7 Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari 56 +9.637 2 15
4 44 Lewis Hamilton Mercedes 56 +16.985 4 12
5 33 Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-TAG Heuer 56 +20.436[3] 5 10
6 27 Alemaña Nico Hülkenberg Renault 56 +21.052 7 8
7 14 España Fernando Alonso McLaren-Renault 56 +30.639 13 6
8 5 Alemaña Sebastian Vettel Ferrari 56 +35.286 1 4
9 55 España Carlos Sainz Renault 56 +35.763 9 2
10 20 Dinamarca Kevin Magnussen Haas-Ferrari 56 +39.594 11 1
11 31 Francia Esteban Ocon Force India-Mercedes 56 +44.050 12
12 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 56 +44.725 8
13 2 Bélxica Stoffel Vandoorne McLaren-Renault 56 +49.373 14
14 18 Lance Stroll Williams-Mercedes 56 +55.490 18
15 35 Sergey Sirotkin Williams-Mercedes 56 +58.241 16
16 9 Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 56 +1:02.604 20
17 8 Francia Romain Grosjean Haas-Ferrari 56 +1:05.296 10
18 10 Francia Pierre Gasly Scuderia Toro Rosso-Honda 56 +1:06.330 17
19 16 Charles Leclerc Sauber-Ferrari 56 +1:22.575 19
20[4] 28 Brendon Hartley Scuderia Toro Rosso-Honda 51 15
Source:

Posicións logo da carreira

[editar | editar a fonte]
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
  1. Marcus Ericsson foi penalizado con cinco prazas na grella por ignorar as bandeiras amarelas durante a cualificación.
  2. "Formula 1 2018 Heineken Chinese Grand Prix – Qualifying". Formula1.com. Formula One World Championship Limited. 14 de abril de 2018. Consultado o 14 de abril de 2018. 
  3. Max Verstappen acabou en cuarto lugar pero recibiu dez segundos de penalización por causar unha colisión evitable.
  4. Brendon Hartley retirouse da carreira pero finalmente clasificou ao completar o 90% da distancia da carreira.]]


Carreira anterior:
Gran Premio de Bahrain de 2018
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2018
Carreira seguinte:
Gran Premio de Acerbaixán de 2018
Carreira anterior:
Gran Premio da China de 2017
Gran Premio da China Carreira seguinte:
Gran Premio da China de 2019