[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Grupos de Acción Carlista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Grupos de Acción Carlista
Tipoorganización armada
IdeoloxíaCarlismo
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Os Grupos de Acción Carlista (GAC) foron unha organización terrorista de carácter carlista que apareceu a fins da década de 1960 en España coa pretensión de premer ao carlismo para que adoptase un ideario socialista, mantivo relacións con ETA e desapareceron tras a adopción do socialismo autoxestionario polo Partido Carlista tras a celebración do seu III Congreso en 1972.

Atentados

[editar | editar a fonte]

O 23 de agosto de 1970 cinco membros do GAC puxeron unha bomba na sede do xornal carlista de Pamplona El Pensamiento Navarro tras o cesamento de Javier María Pascual como director e a adopción dunha liña tradicionalista.
En 1971 os GAC asaltaron Radio Requeté de Pamplona, onde permaneceron media hora.