Gerardo Jeremías Devesa
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de novembro de 1847 Santiago de Compostela, España |
Morte | 27 de abril de 1890 (42 anos) Santiago de Compostela, España |
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela | |
1888 – 1890 ← Antonio Casares Rodríguez – Jacobo Gil Villanueva → | |
Alcalde de Santiago de Compostela | |
20 de setembro de 1884 – 1 de xullo de 1885 ← José López Amarante – José Vázquez Quirós → | |
Actividade | |
Ocupación | médico, político |
Gerardo Francisco Jeremías Devesa, nado en Santiago de Compostela o 8 de novembro de 1847 e finado na mesma cidade o 27 de abril de 1890[1], foi un médico e político galego, reitor da Universidade de Santiago de Compostela.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo natural de Gabriela Geremías Debesa, de extracción humilde, rematou o bacharelato en 1863 e licenciouse en Medicina en 1869 realizando tamén o doutoramento. En 1875 desprazouse a Granada para facerse cargo da cátedra de Anatomía Xeral e Descritiva. Dous anos despois volveu a Santiago coa cátedra de Patoloxía Cirúrxica. Foi elixido concelleiro do Concello de Santiago nas eleccións do 2 ao 4 de maio de 1881[2]. Foi alcalde interino de Santiago de Compostela (1884-1885) e reitor da Universidade de Santiago de Compostela entre os anos 1888 e 1890.
Casou con Luisa Rodríguez Montero, sobriña de Eugenio e José Montero Ríos, de cuxo matrimonio tivo catro fillos.
Predecesor: José López Amarante |
Alcalde de Santiago 1884 - 1885 |
Sucesor: José Vázquez Quirós |
Predecesor: Antonio Casares Rodríguez |
Reitor da Universidade de Santiago 1888 - 1890 |
Sucesor: Jacobo Gil Villanueva |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Lucense, 28-4-1890, p. 3.
- ↑ "Resumen de la votación obtenida...". Gaceta de Galicia (en castelán). 5-5-1881. p. 3.