[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Georgii Gapon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGeorgii Gapon

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalGeorgii Apollonovich Gapon
Biografía
Nacemento5 de febreiro de 1870 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Bilyky, Ucraína (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte28 de marzo de 1906 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata (36 anos)
Ozerki, Rusia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteenforcamento Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor en Wikidata
EducaciónSaint Petersburg Theological Academy (en) Traducir (–1903)
Poltava Theological Seminary (en) Traducir (–1893) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, sindicalista, sacerdote Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteSvensk Uppslagsbok (pt) Traducir
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Гапон Георгий Аполлонович) Editar o valor en Wikidata

Georgii Apollonovich Gapon (en ruso: Георгий Аполлонович Гапон), nado no ano 1870 e finado o 10 de abril de 1906 foi un sacerdote ortodoxo e un líder da clase obreira rusa antes da Revolución rusa de 1905, foi a cabeza visible da manifestación que rematou na matanza do Domingo sanguento.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Gapon era fillo dun granxeiro de boa situación económica da rexión de Poltava, e foi educado nun seminario. Casou en 1896 e, trala morte da súa esposa en 1898, trasladouse a San Petersburgo e graduouse alí na academia de teoloxía no ano 1903.

O xa Pai Gapon organizou a Asemblea de Obreiros Industriais rusos de San Petersburgo, organización auspiciada polo Departamento de Policía e pola Okhrana, policía secreta do réxime tsarista. Os obxectivos da asemblea eran defender os dereitos dos traballadores e aumentar a moral e fe relixiosa e so os de membros de confesión ortodoxa podían acceder aos seus cargos. Pronto a organización acadou os 8000 membros e Gapon tratou estender a súa presenza a Kíiv e Moscova.

Dende finais de 1904 esta Asemblea e o propio Gapon comezaron a colaborar con radicais que defendían a abolición da autocracia tsarista.

O 9 de xaneiroxul./ 22 de xaneiro de 1905greg., un día despois de que comezara a folga xeral en San Petersburgo, Gapon organizou unha marcha obreira co fin de entregar unha misiva ao tsar Nicolao II, esta marcha totalmente pacífica rematou co masacre denominado Domingo Sanguento, no que as tropas tsaristas dispararon contra os manifestantes por orde do Gran Duque Vladimir Aleksandrovich matando 200 persoas, entre as que había mulleres e nenos.

Tras estes sucesos Gapon excomungou ao Tsar e animou aos traballadores a que actuaran contra o réxime, polo que tivo que fuxir ao estranxeiro, dende onde mantivo estreita relación co Partido Social-Revolucionario. Tralo Manifesto de Outubro emitido polo Tsar regresou a Rusia, onde continuou a súa relación coa Okhrana.

Sospeitoso de ser un axente provocador infiltrado nas filas revolucionarias, foi aforcado no ano 1906 nunha cabana finlandesa a mans de Pinhas Rutenberg, quen no pasado marchara con el no Domingo Sanguento e executando así unha sentenza de morte emitida pola dirección do Partido Social Revolucionario.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]