[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

George Enescu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGeorge Enescu

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de agosto de 1881 Editar o valor en Wikidata
George Enescu, Romanía (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte4 de maio de 1955 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
8º distrito de París (Francia) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio do Père-Lachaise, 68 48°51′44″N 2°23′31″L / 48.862169, 2.391839
Grave of Enesco (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónConservatorio de París
Universidade de Música e Arte Dramática de Viena Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor, profesor de música, profesor universitario, director de orquestra, violinista, pianista, musicólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorConservatorio de París
George Enescu Philharmonic Orchestra (en) Traducir
Orquestra Filarmônica de Nova Iorque (pt) Traducir
Accademia Musicale Chigiana
École Normale de Musique
Orquestra Sinfônica da BBC (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoÓpera, sinfonía, Música de cámara e piano repertoire (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ProfesoresGabriel Fauré, Robert Fuchs, Josef Hellmesberger (pt) Traducir, Jules Massenet, André Gedalge e Martin-Pierre Marsick Editar o valor en Wikidata
AlumnosMarius Constant, Yehudi Menuhin, Christian Ferras, Ivry Gitlis, Arthur Grumiaux, Serge Blanc (pt) Traducir, Ștefan Gheorghiu, Sidney Harth (pt) Traducir, Arthur Leblanc (en) Traducir e Ida Haendel Editar o valor en Wikidata
InstrumentoViolín e piano Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeMarie Cantacuzène (1937–1955) Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Musical Riemann (1901–1904)
Obálky knih,
Great Soviet Encyclopedia (1950–1958) (en) Traducir, (vol:49, p.86-87) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1216359 BNE: XX849438 Spotify: 7KKscZTeDLz1g0QthWCMQV iTunes: 286456 Last fm: George+Enescu Musicbrainz: 30f53666-aa3b-44c1-80c1-4d09929e28e8 Songkick: 360534 Discogs: 838226 IMSLP: Category:Enescu,_George Allmusic: mn0001256809 Find a Grave: 7870 Editar o valor en Wikidata

George Enescu, nado en Liveni o 19 de agosto de 1881 e finado en París (Francia) o 4 de maio de 1955, foi un compositor, violinista, pedagogo, pianista e director de orquestra romanés, considerado un dos máis importantes músicos do seu país. A súa carreira estivo profundamente vinculada a Francia, onde adoitan citar o seu apelido como Enesco.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Dende idade moi nova, empezou a demostrar as súas dotes artísticas. Comezou a tocar o violín aos 4 anos, e aos 5 celebrou o seu primeiro concerto. Comezou a estudar tendo como profesor a Eduard Caudella.

Entre os anos 1888-1894 estudou no Conservatorio de Viena, tendo como profesores a Josef Hellmesberger (violín), Robert Fuchs e a Sigismond Bachrich entre outros moitos. Acomodouse moi rápido na vida musical de Viena, e os seus concertos nos que interpretaba obras de Johannes Brahms, Pablo Sarasate, Henri Vieuxtemps, Felix Mendelssohn Bartholdy entusiasmaron á prensa e ao público; por aquel entón só tiña 12 anos.

Despois da graduación do Conservatorio de Viena coa medalla de prata, seguiu os seus estudos no Conservatorio de París (1895-99) tendo como profesores a Armand Marsick, André Gedalge, Jules Massenet e Gabriel Fauré. O 6 de febreiro de 1898 fixo o seu debut como compositor nos Concertos Colonne de París coa súa obra Opus 1, Poema Romanés. No mesmo ano empezou a dirixir concertos en Bucarest e a dar concertos de violín. Admirado pola raíña Elisabeta de Romanía foi varias veces invitado para tocar as súas obras no castelo Peleş de Sinaia.

Dos primeiros anos do século XX datan as composicións máis recoñecidas, como as dúas Rapsodias Romanesas (1901-02), a Suite nº 1 para a orquestra (1903), a súa primeira Sinfonía de Madurez (1905), Sete Cancións para os versos de Clément Marot (1908). Os seus concertos sucedéronse en moitos países de Europa e en ocasións foi acompañado de persoas prestixiosas como: Alfredo Casella, Pau Casals, Louis Fournier o Richard Strauss.

Durante a primeira guerra mundial permaneceu en Bucarest e dirixiu a Sinfonía nº 9 de Ludwig van Beethoven (que se tocaba integramente por primeira vez en Romanía), composicións de Hector Berlioz, Claude Debussy, Richard Wagner, e tamén as súas propias composicións: a Sinfonía nº 2 (1913), Suite para orquestra nº 2 (1915) e a ópera Oedipo (1936). No mesmo ano tivo lugar a primeira edición do concurso de composición que leva seu nome: George Enescu.

Após a guerra, continuou a súa actividade dividida entre Romanía e Francia. Deixounos por sempre as súas interpretacións do Poema para violín e orquestra de Ernest Chausson e das sonatas e as partituras para violín de Johann Sebastian Bach. Fixo algunhas viaxes aos Estados Unidos de América, onde dirixiu as orquestras de Filadelfia (1923) e Nova York (1938).

A súa actividade pedagóxica tivo tamén unha grande importancia. Entre os seus alumnos atopamos violinistas como: Christian Ferras, Ivry Gitlis, Arthur Grumiaux, Ginette Neveu o Yehudi Menuhin. Este último manifestou un gran cariño e admiración por Enescu, considerándoo coma o seu pai espiritual:

Para min, Enescu será sempre unha das verdadeiras marabillas do mundo. O seu carácter e a súa figura quedaron na miña alma coma unha árbore ou unha montaña de Sinaia. As súas fortes raíces e a súa alma noble veñen de seu propio país, un país dunha beleza única.”
Yehudi Menuhin.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Axente, Colette, e Ileana Ratiu. 1998. George Enescu: Biografie documentara, tineretea si afirmarea: 1901-1920. Bucharest: Editura muzicala a U.C.M.R.
  • Bentoiu, Pascal. 1984. Capodopere enesciene. Bucharest: Editura muzicala a U.C.M.R.
  • Brediceanu, M. et al. 1997. Celebrating George Enescu: A Symposium. Washington, D.C.
  • Cheorghiu, V. 1944. Un Muzician Genial: George Enescu
  • Cophignon, Alain. 2006. Georges Enesco. Bibliothèque des grands compositeurs. París: Librairie Arthème Fayard. ISBN 978-2-213-62321-4
  • Cosma, Viorel. 2000. George Enescu: A Tragic Life in Pictures. Bucharest: The Romanian Cultural Foundation Publishing House.
  • Malcolm, Noel. 1990. George Enescu: His Life and Music, with a preface by Sir Yehudi Menuhin. Londres: Toccata Press.
  • Malcolm, Noel. 2001. "Enescu, George." The New Grove Dictionary of Music and Musicians, ed. S. Sadie e J. Tyrrell. Londres: Macmillan.
  • Roth, Henry. 1997. Violin Virtuosos ISBN 1-8879395-15-0
  • Slonimsky, Nicolas (ed.). 2001. "Georges Enesco." Baker's Biographical Dictionary of Musicians. Edición do centenario. Nova York: Schirmer Books.
  • Voicana, Mircea, Clemansa Firca, Alfred Hoffman, Elena Zottoviceanu, Myriam Marbe, Stefan Niculescu, e Adrian Ratiu. 1971.
  • Voicana, Mircea (ed.) 1976. Enesciana, I.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]