[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Golfo de Riga

Modelo:Xeografía físicaGolfo de Riga
Imaxe
Tipobaía Editar o valor en Wikidata
EpónimoRiga Editar o valor en Wikidata
Parte deMar Báltico Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 57°37′32″N 23°35′05″L / 57.625555555556, 23.584722222222
Bañado porMar Báltico Editar o valor en Wikidata
Afluentes
Conca hidrográficaBaltic Sea basin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Profundidade67 m Editar o valor en Wikidata

O Golfo de Riga (ou Baía de Riga, en letón Rīgas Jūras līcis, en estoniano Liivi Laht) é unha baía do mar Báltico situada entre Letonia e Estonia.

O Golfo de Riga ten unha área de 18 000 km cadrados. A súa máxima profundidade é de 54 m. A illa de Saaremaa, en Estonia, separa parcialmente o golfo do mar Báltico. A illa de Ruhnu, no medio do golfo, tamén pertence a Estonia. A conexión principal entre o golfo e o mar Báltico é o estreito de Irbe. O Golfo de Riga, como subconca do Báltico, tamén inclúe o mar de Väinameri no arquipélago occidental de Estonia.

Salientan algunhas cidades do golfo como Riga e Pärnu. Os ríos principais do golfo son o Daugava, o Lielupe, o Gauja e o Salaca.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Extensión

[editar | editar a fonte]

A Organización Hidrográfica Internacional define o límite occidental do Golfo de Riga como "unha liña que corre desde Lyser Ort (57° 34'N), en Letonia, ata o extremo sur da Illa Œsel, a través desta illa ata Pammerort (22°34'E), desde alí ata punta Enmast, o extremo Sur de Dagö, a través de Dagö ata punta Takhkona, desde o extremo norte da mesma a punta Spithamn en Estonia".[1]

No inverno, a maior parte ou a totalidade da baía normalmente conxélase. Isto é debido á baixa salinidade e ao efecto calmante da pechadura parcial da entrada do golfo. Durante o inverno, moitas persoas percorren a baía. O xeo máis gordo rexistrado tivo 90 cm de espesor no inverno de 1941-42.[2] Hole de xeo A pesca no xeo foi unha fonte tradicional de comida invernal e segue a ser unha actividade común. O xeo xeralmente funde entre marzo e abril. A finais de marzo de 2013, cando o xeo comezou a derreterse, 200 persoas tiveron que ser rescatadas dos bloques de xeo.[3]

  1. "Limits of Oceans and Seas, 3rd edition" (PDF). International Hydrographic Organization. 1953. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de outubro de 2011. Consultado o 6 de febreiro de 2010. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2021. Consultado o 15 de outubro de 2018. 
  3. https://www.theguardian.com/world/2013/mar/29/latvia-rescues-people-ice[Ligazón morta] -floes

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.