Bulls
Nome | Bulls | ||
---|---|---|---|
Fundación | 1996 | ||
Sede | Pretoria, Suráfrica | ||
Estadio(s) | Loftus Versfeld | ||
Capacidade | 51.762 espectadores | ||
Adestrador | Nollis Marais | ||
Liga(s) | Super Rugby | ||
2015 | 9º | ||
| |||
Na rede | |||
http://www.thebulls.co.za/ |
Os Bulls son un equipo profesional de rugby fundado en 1997, que compite no Super Rugby representando ó norte da rexión de Transvaal, que ten a súa sede na cidade surafricana de Pretoria, e que xoga os seus partidos como local no estadio Loftus Versfeld. O equipo dos Bulls que xoga na primeira metade do ano no Super Rugby está construído sobre a base dos Blue Bulls que xogan na Currie Cup surafricana na segunda metade do ano, e ámbolos dous equipos están gobernados pola Northern Transvaal Rugby Union.
Estadio
[editar | editar a fonte]Os Bulls xogan como locais no estadio Loftus Versfeld de Pretoria, estadio que foi inaugurado no ano 1923, renovado en 1977 e ampliado en 2008 por mor da Copa do Mundo de Fútbol 2010, acadando unha capacidade para acoller 51.762 persoas nas súas bancadas. Este recinto leva dende 1938 sendo o fogar do equipo Blue Bulls que compite na Currie Cup (a liga surafricana de rugby).
Xogadores
[editar | editar a fonte]Na tempada 2016 os Bulls contarán cos seguintes xogadores:
1ª Liña
Talonadores 2ª Liña |
3ª Liña
Medios Melé Aperturas |
Centros Ás Zagueiros
|
- En letra grosa os xogadores internacionais en categoría absoluta.
Os xogadores mais salientables da historia dos Bulls son: Morné Steyn, Fourie du Preez, Victor Matfield, Bryan Habana, Derick Hougaard, Bakkies Botha Jannie de Beer ou Joost van der Westhuizen entre outros.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A traxectoria dos Bulls no Super Rugby non puido ser mais complexa. Na primeira edición do torneo, en 1996, o equipo chegou ás semifinais, caendo fronte ós Auckland Blues. En 1999, 2001 e 2002 foi o peor equipo da competición, chegando mesmo a acadar un só punto en toda a liga da edición 2002. Non obstante, as cousas melloraron para o equipo de Pretoria, chegando de novo a unha semifinais no ano 2005. Entón caeu fronte ós NSW Waratahs. En 2006 caeu de novo nas semifinais, diante dos Crusaders. Foi en 2007 cando os Bulls acadaron a súa primeira final do Super 14, na que venceron ós Sharks facéndose co seu primeiro título. Tras un mal 2008, en 2009 chegou de novo á final, e de novo venceu, esta vez ós Waikato Chiefs. O terceiro e último título, polo de agora, chegou en 2010 coa vitoria na final fronte ós Stormers.
Tempadas | Xog. | Gañ. | Emp. | Per. | Puntos | Postos na Tempada Regular | Resultados nos Playoffs | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2016 | ||||||||||
2015 | 16 | 7 | 0 | 9 | 38 | 9º | - | |||
2014 | 16 | 7 | 1 | 8 | 38 | 9º | - | |||
2013 | 16 | 12 | 0 | 4 | 63 | 2º | Semifinalista (caeu fronte ós Brumbies) | |||
2012 | 16 | 10 | 0 | 6 | 59 | 5º | Cuartofinalista (caeu fronte ós Crusaders) | |||
2011 | 16 | 10 | 0 | 6 | 54 | 7º | - | |||
2010 | 13 | 10 | 0 | 3 | 47 | 1º | CAMPIÓN (fronte ós Stormers) | |||
2009 | 13 | 10 | 0 | 3 | 46 | 1º | CAMPIÓN (fronte ós Chiefs) | |||
2008 | 13 | 6 | 0 | 7 | 28 | 10º | - | |||
2007 | 13 | 9 | 0 | 4 | 42 | 2º | CAMPIÓN (fronte ós Sharks) | |||
2006 | 13 | 7 | 1 | 5 | 38 | 4º | Semifinalista (caeu fronte ós Crusaders) | |||
2005 | 11 | 7 | 0 | 4 | 34 | 3º | Semifinalista (caeu fronte ós Waratahs) | |||
2004 | 11 | 5 | 1 | 5 | 28 | 6º | - | |||
2003 | 11 | 6 | 0 | 5 | 30 | 6º | - | |||
2002 | 11 | 0 | 0 | 11 | 1 | 12º | - | |||
2001 | 11 | 2 | 0 | 9 | 11 | 12º | - | |||
2000 | 11 | 1 | 2 | 8 | 11 | 11º | - | |||
1999 | 11 | 1 | 0 | 10 | 7 | 12º | - | |||
1998 | 11 | 3 | 0 | 8 | 16 | 11º | - | |||
1997 | 11 | 3 | 3 | 5 | 22 | 8º | - | |||
1996 | 11 | 8 | 0 | 3 | 38 | 3º | Semifinalista (caeu fronte ós Blues) |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina Oficial (en inglés)
- Supersport (en inglés)