[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Brett Gurewitz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBrett Gurewitz

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Brett W. Gurewitz Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de maio de 1962 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónEl Camino Real High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor de cancións, produtor musical, emprendedor, guitarrista, compositor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1979 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoPunk rock Editar o valor en Wikidata
InstrumentoGuitarra Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoEpitaph Records Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm1069256 Facebook: brettgurewitz Twitter: brettgurewitz Instagram: brettgurewitz Musicbrainz: cd40188b-ea30-4729-bebb-e8c5091c9d02 Discogs: 255657 Allmusic: mn0000620790 Deezer: 12714405 Editar o valor en Wikidata

Brett W. Gurewitz, nado o 12 de maio de 1962, alcumado Mr. Brett, é o guitarrista e compositor de Bad Religion. Tamén é o dono do selo discográfico Epitaph Records e de varias etiquetas irmás. Produciu álbums para Bad Religion, ademais de para artistas de Epitaph como NOFX, Rancid ou Pennywise. Gurewitz tamén ten un proxecto chamado Error, que tamén conta con Atticus Ross, Leopold Ross e Greg Puciato. Ademais é o cofundador da editorial de cómics e novelas gráficas Black Mask Studios.

Gurewitz fundou Bad Religion en 1980 con Greg Graffin, Jay Bentley e Jay Ziskrout. Tras publicar dous álbums e un EP, Gurewitz deixou a banda en 1983, pero regresou tres anos despois e gravou cinco álbums máis coa banda antes de asinar con Atlantic Records en 1993. O éxito do seu selo levou a Gurewitz a deixar Bad Religion novamente en 1994, dirixindo Epitaph a tempo completo. Durante ese tempo fóra de Bad Religion editou o sinxelo "Hate You" en 1996 co seu proxecto Daredevils e entrou nun período de adición ás drogas. En 1999 Gurewitz completou con éxito o seu proceso de rehabilitación e finalmente volveu a unirse a Bad Religion en 2001 para compoñer e gravar o álbum The Process of Belief (2002).