[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Bruno Martins Indi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBruno Martins Indi

(2014) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(nl) Rolando Maximiliano Martins Indi Editar o valor en Wikidata
8 de febreiro de 1992 Editar o valor en Wikidata (32 anos)
Barreiro, Portugal Editar o valor en Wikidata
Outros nomesBruno Martins Indi Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
Altura187 cm Editar o valor en Wikidata
Peso78 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade19 de agosto de 2010 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaPaíses Baixos Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaPremier League Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa central Editar o valor en Wikidata
Número deportivo15 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2009–2009   Países Baixos sub-17 3(0)
2010–2011   Países Baixos sub-19 16(1)
2010–2014 Feyenoord Rotterdam 102(5)
2014–   FC Porto
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2012–   Países Baixos
2012–2013   Países Baixos sub-21 8(0)
Participou en
2014Mundial de Fútbol Brasil 2014 Editar o valor en Wikidata

Sitio webbrunomartinsindi.com Editar o valor en Wikidata
FIFA: 358736 UEFA: 250017880 Editar o valor en Wikidata

Rolando Maximiliano Martins Indi, nado en Barreiro o 8 de febreiro de 1992, máis coñecido como Bruno Martins Indi, é un futbolista portugués nacionalizado neerlandés e de pais de Guinea-Bissau que xoga como defensa central en Stoke City da Football League Championship de Inglaterra.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Feyenoord

[editar | editar a fonte]

Martins Indi uniuse ó primeiro equipo do Feyenoord logo de graduarse da academia de devandito club a comezos da tempada 2010-11.[1] Fixo o seu debut profesional co Feyenoord o 19 de agosto de 2010, cando foi titular nun partido pola Europa League como local fronte ó Gent.[2] Tres días despois debutou na liga no empate 1-1 ante o Heracles Almelo.[3] O 12 de setembro de 2010, Martins Indi recibiu un cartón vermello por primeira vez na súa carreira durante o tempo engadido na derrota 2-0 fronte ó NAC Breda. O 24 de outubro de 2010, Martins Indi foi parte da defensa xunto con André Bahia, Tim de Cler, e Stefan de Vrij logo de ingresar por Ruben Schaken no minuto 35 na derrota máis grande na historia do Feyenoord: 10–0 fronte ó PSV. O 31 de outubro de 2010, Martins Indi obtivo a súa primeira asistencia cando Luc Castaignos anotou o empate 1-1 nun partido contra o AZ Alkmaar, partido que o Feyenoord terminaría perdendo 2-1. O 17 de abril de 2011, Martins Indi anotou o seu primeiro gol como profesional na liga na goleada 6-1 sobre o Willem II. Foi eloxiado pola súa actuación xunto a Ryo Miyaichi e Georginio Wijnaldum.[4]

Na tempada 2011-12, Martins Indi converteuse nun titular regular baixo o novo adestrador do Feyenoord, Ronald Koeman. O 22 de outubro de 2011, Martins Indi anotou o seu primeiro gol da tempada na derrota 2-1 ante o VVV-Veno. O 22 de febreiro de 2012, Martins Indi asinou un novo contrato co Feyenoord até o ano 2016.[5]

Martins Indi uniuse ó primeiro equipo do Porto de Portugal o 15 de xullo de 2014; equipo que adquiriu os seus dereitos deportivos por 7,7 millóns de euros.[6]

  1. "Martins Indi geniet van eerste dagen bij selectie". Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2012. Consultado o 31 de xaneiro de 2019. 
  2. "Feyenoord – AA Gent (19-08-2010)". Arquivado dende o orixinal o 12-01-2013. Consultado o 31-01-2019. 
  3. "Heracles Almelo – Feyenoord (22-08-2010)". Arquivado dende o orixinal o 23-02-2013. Consultado o 31-01-2019. 
  4. "Bruno Martins Indi – A bright defensive prospect for Feyenoord". Imscouting. Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2012. Consultado o 31 de xaneiro de 2019. 
  5. "Martins Indi agrees new deal". Sky Sports. 
  6. "OFICIAL: Bruno Martins Indi no FC Porto por 7,7 milhões". Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2014. Consultado o 31 de xaneiro de 2019.