[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Blwchfardd

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBlwchfardd
Biografía
NacementoYr Hen Ogledd Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor en Wikidata

Blwchfardd (século VI) foi un dos bardos primeiros na tradición poética galesa. Ponse en relación co Vello Norte e a hengerdd. Era coetáneo, parece, de Aneirin e Taliesin.

Non se coñece sobre o bardo máis que o feito de que sería o primeiro bardo que cantou en Yr Hen Oledd, moi probabelmente. Tense a primeira noticia del en Nennio na súa Historia Brittonum nunha pasaxe sobre Ida, rei de Bernicia (547-579):

Tunc Talhaern Tat Aguen in poemate claruit, et Neirin, et Taliessin, et Bluchbard, et Cian qui vocatur Gue[ni]th Guaut, simul uno tempore in poemate Brittanico claruerunt.
Daquela Talhaearn Tad Awen (no manuscrito Talhaern Tataguen) tivo fama en poesía, e Neirin e Taliessin e Bluchbard e Cian, que se chama Gueinth Guaut, nun mesmo momento tiveron fama na poesía británica.[1]

Non se conserva ningún poema seu.

  1. Ifor Williams (ed.), Canu Taliesin, t. ix.