Belmiro de Azevedo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de febreiro de 1938 Marco de Canaveses, Portugal |
Morte | 29 de novembro de 2017 (79 anos) Porto, Portugal |
Educación | Harvard Business School (pt) Universidade do Porto Universidade Stanford |
Actividade | |
Ocupación | emprendedor, empresario |
Participou en | |
21 de xaneiro de 2004 | Reunión Anual do Foro Económico Mundial de 2004 |
Familia | |
Cónxuxe | Maria Margarida Carvalhais Teixeira |
Premios | |
| |
Belmiro Mendes de Azevedo, nado o 17 de febreiro de 1938 e finado o 29 de novembro de 2017, foi un empresario portugués, clasificado por Forbes entre os máis ricos do mundo (a 605ª persoa máis rica do mundo en 2008), así como a terceira persoa máis rica de Portugal, cunha riqueza estimada en 2000 millóns de dólares estadounidenses. Posuía unha participación de control en Sonae SGPS, un dos maiores grupos empresariais de Portugal, que tamén opera nos estados de España, Grecia, Alemaña, Italia, Turquía e Brasil.
Sonae é líder portugués no sector inmobiliario e venda retallista, e tamén ten investimentos en telecomunicacións, turismo, capital risco e medios de comunicación de masas. En 2006, Sonae lanzou unha oferta hostil sen éxito para controlar Portugal Telecom (PT), o maior operador portugués de telecomunicacións.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Azevedo, carpinteiro e fillo dun xastre de Marco de Canaveses, era licenciado en enxeñaría química pola Universidade do Porto e MBA pola Universidade Harvard.
As accións de Azevedo foron adquiridas ao patrimonio do falecido banqueiro Afonso Pinto de Magalhães quen, a través do seu banco Banco Pinto de Magalhães, posuía a totalidade de Sonae. Magalhães puxo a Azevedo á fronte de Sonae durante os convulsos anos posteriores á Revolución dos Caraveis de 1974 que culminou coa toma da empresa polo Goberno. Foi o éxito de manter a empresa en funcionamento durante estes anos, ademais da tamén exitosa recuperación da propiedade da empresa, o que levou á familia do banqueiro falecido a ceder o control de Sonae a Azevedo, pero non antes dunha prolongada batalla xudicial entre este e os fillos do banqueiro, a quen Azevedo acusou de incompetencia e arrogancia.[1]
Estaba casado con María Margarida Carvalhais Teixeira e tivo tres fillos: Duarte Paulo Teixeira de Azevedo, nado o 31 de decembro de 1965 e casado con Nicole Katharina Gerkrath, sucesora do seu pai na empresa, María Cláudia Teixeira de Azevedo e Nuno Miguel Teixeira de Azevedo, que tamén seguiu os pasos do seu pai no negocio familiar.[2]
Faleceu no Hospital CUF de Porto, o 29 de novembro de 2017.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "O financiamento do império Sonae". DN.Sapo.pt.
- ↑ "Belmiro Mendes de Azevedo". www.geneall.net.
- ↑ "Morreu Belmiro de Azevedo". Observador.pt.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Belmiro de Azevedo |