Bell X-1
Aparencia
Bell X-1 | |
---|---|
X-1 #46-062 | |
Tipo | avión foguete experimental |
Fabricante | Bell Aircraft |
Primeiro voo | 19 de xaneiro de 1946 |
Estado | retirado |
Unidades construídas | 4 |
O Bell X-1 foi un prototipo de avión supersónico impulsado por un motor foguete construído por Bell Aircraft Corporation para a Forza Aérea dos Estados Unidos. Foi concibido en 1944 e deseñouse e fabricouse en 1945. Foi o primeiro avión en superar a velocidade do son en voo nivelado o 14 de outubro de 1947 pilotado por Chuck Yeager. O avión chegou a acadar unha velocidade de 1 600 km/h en 1948. Un derivado deste mesmo deseño, o Bell X-1A, con maior capacidade de combustible e polo tanto un maior tempo de combustión do foguete, superou os 2 600 km/h en 1954. O X-1 foi o primeiro dos X-planes, unha serie de avións experimentais deseñados para experimentar novas tecnoloxías.
Avións
[editar | editar a fonte]- X-1 (XS-1)
- #1 - 46-062 - Glamorous Glennis, 82 voos
- #2 - 46-063, 74 voos, convertido en X-1E.
- #3 - 46-064, 1 voo
- X-1A - 48-1384, 26 voos
- X-1B - 48-1385, 27 voos
- X-1D - 48-1386, 2 voos
- X-1E, (modificación do X-1 #2), 46-063, 27 voos
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bell X-1 |