[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

BeOS

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
DesenvolvedorBe Inc.,
LanzamentoOutubro de 1995
En galegoNon
Tipo de núcleoMonolítico
LicenzaPrivativo
Última versión estableR5.0.3, 9 de agosto de 2000
Estado actualFinalizado
Sucedido porHaiku
Sitio webwww.beincorporated.com

BeOS é un sistema operativo privativo para computadoras que comezou a desenvolver a compañía Be Inc. na década de 1990 para as súas computadoras BeBox[1] e que se deixou de desenvolver en 2012.

Deseñouse buscando que fose un escritorio para o deseño gráfico e que tivese unha interface gráfica clara e fácil de empregar. Incluíu o sistema de ficheiros BFS, que contaba con rexistro de transaccións de ficheiros de 64 bits, e multiprocesado simétrico.[2][3]

A comezos do 2000 BeOS chegou a colocarse como unha plataforma multimedia con posibilidades de competir con macOS ou Microsoft. Mesmo Apple chegou a considerar a súa adquisición para formar a base de Mac OS X.[4]

Porén, BeOS nunca acadou unha porcentaxe de uso importante e Be Inc. foi comprada por Palm Inc. En 2012 liberouse o código fonte de BeOS e o seu desenvolvemento continuou grazas a un grupo reducido de desenvolvedores, sen finalidade comercial. A ese novo proxecto é de código aberto déuselle un novo nome: Haiku.[5]

  1. Be Inc. (eds.). "Be Inc Media Releases". Archived from the original on 04/02/2012. Consultado o 17/01/2018. 
  2. Arstechnica (eds.). "The BeOS file system: an OS geek retrospective" (en inglés). Consultado o 17/01/2018. 
  3. "BeOS" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06/03/2016. Consultado o 17/01/2018. 
  4. Scot Hacker. "Antique BeOS Content by Scot Hacker". Consultado o 17/01/2018. 
  5. Haiku-OS.org, eds. (12/11/2012). "Haiku Release 1 Alpha 4". Archived from the original on 22/12/2013. Consultado o 17/01/2018. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.