[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Baroncelle, Abadín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Baroncelle
Igrexa vella de Baroncelle.
ConcelloAbadín[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°18′N 7°30′O / 43.3, -7.5
Área6,67 km²
Poboación147 hab. (2019)
Densidade22,04 hab./km²
Entidades de poboación22[1]
editar datos en Wikidata ]

Santiago de Baroncelle é unha parroquia pertencente ao concello de Abadín. Tiña 158 habitantes en 2015 (87 homes e 71 mulleres) segundo datos do IGE[2]. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2014 cando vivían nas súas 12 entidades de poboación 165 veciños (92 homes e 73 mulleres).

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Ten unha superficie de 6,67 km². Limita coas parroquias de Aldixe, As Goás, Abeledo, Corvite e Moncelos; tamén coas de Árbol e Carballido do concello de Vilalba. Pertence ao arciprestado de Terrachá da diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Entidades e poboación

[editar | editar a fonte]

Dos 22 lugares recollidos na toponimia oficial 12 son entidades de poboación, sendo a densidade media de poboación no 2015, de 23,69 hab/km².

As entidades co seu respectivo número de habitantes no 2006 son as seguintes: A Abelleira (12), O Asperón (27), Augalevada (26), A Casavella (15), O Castiñeiro (11), O Fondo (5), A Fonte do Mouro (9), Golpilleiras (4), A Uceira Grande (26), Vacaferreira (9), O Valado (3) e Vilatán (11).

Outros lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades) son: Os Barreiros, Os Caseiros, Cornello, A Fraga, O Lodeiro, Piñeiro, Porto do Río, Ríos, Seminaus e A Uceira Pequena.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Aparece documentado o arciprestado de Baroncelle nunha doazón de Afonso VII, do "Castrum Baroncelli" do ano 1132.

Existe unha antiga igrexa parroquial de Santiago de Baroncelle nunha fermosa paraxe na aldea da Casavella. A igrexa construíuse no século XVII. Actualmente atópase en estado ruinoso e pechada ao culto. Ten unha soa nave de planta rectangular con capela maior cuadrangular e sancristía acaroada. Sobre a fachada, pequena espadana dun so van. No seu interior un arco triunfal semicircular, retablo maior neoclásico, e dous retablos barrocos dos que destaca o retablo de San Rosendo, procedente da catedral de Mondoñedo.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Baroncelle

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Baroncelle no concello de Abadín (provincia de Lugo)

A Abelleira | O Asperón | Augalevada | Os Barreiros | A Casavella | Os Caseiros | O Castiñeiro | Cornello | O Fondo | A Fonte do Mouro | A Fraga | Golpilleiras | O Lodeiro | Piñeiro | Porto do Río | Ríos | Seminaus | A Uceira Grande | A Uceira Pequena | Vacaferreira | O Valado | Vilatán

Parroquias de Abadín

[editar | editar a fonte]
As dezanove parroquias que conforman o concello de Abadín.
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Abadín

Abadín (Santa María) | Abeledo (Santa María) | Aldixe (San Pedro) | Baroncelle (Santiago) | Cabaneiro (San Bartolomeu) | Candia (San Pedro) | Castromaior (San Xoán) | Corvite (San Pedro) | Fanoi (Santa María Madanela) | Fraiás (San Pedro) | Galgao (San Martiño) | As Goás (San Pedro) | A Graña de Vilarente (Santa María Madanela) | Labrada (San Pedro) | Moncelos (Santiago) | Montouto (Santa María) | Quende (Santiago) | Romariz (San Xoán) | Seivane de Vilarente (San Xoán)


Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]