Barco fantasma
Aparencia
Barco fantasma | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Ghost Ship |
Director | Steve Beck |
Produtor | Joel Silver Robert Zemeckis Susan Levin |
Guión | Mark Hanlon John Pogue |
Intérpretes | Gabriel Byrne Julianna Margulies Ron Eldard Desmond Harrington Isaiah Washington Karl Urban |
Música | John Frizzell |
Fotografía | Gale Tattersall |
Montaxe | Roger Barton |
Estudio | Dark Castle Entertainment Village Roadshow Pictures NPV Entertainment |
Distribuidora | Warner Bros. Pictures |
Estrea | 25 de outubro de 2002 16 de xullo de 2009 (TVG) |
Duración | 90 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos Australia |
Xénero | Terror |
Orzamento | $20 000 000 |
Recadación | $68 300 000 |
Na rede | |
https://www.warnerbros.com/ghost-ship | |
Barco fantasma (en inglés: Ghost Ship) é un filme estadouidense-australiano de 2002 dirixido por Steve Beck. Está protagonizado por Gabriel Byrne, Julianna Margulies, Ron Eldard, Desmond Harrington, Isaiah Washington e Karl Urban. O filme conta a historia dun grupo de remolcadores marítimos no mar de Bering que descobren un misterioso barco que desapareceu en 1962.
O filme foi rodado en Queensland, Australia e Vancouver, no Canadá, e estreouse nos cinemas de América do Norte o 25 de outubro de 2002. Recadou uns $68 millóns en todo o mundo. En 2016, a páxina web ComingSoon nomeou a escena inicial do filme como unha das mellores na historia do cinema de terror.[2]
Estreouse en galego o 16 de xullo de 2009 a través da TVG.[3]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Gabriel Byrne como Capitán Sean Murphy
- Julianna Margulies como Maureen Epps
- Ron Eldard como Dodge
- Desmond Harrington como Jack Ferriman
- Isaiah Washington como Greer
- Karl Urban como Munder
- Alex Dimitriades como Santos
- Emily Browning como Katie Harwood
- Francesca Rettondini como Francesca
- Adam Bieshaar como primeiro oficial
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Warner Bros., ed. (8 de novembro de 2002). "GHOST SHIP (18)". British Board of Film Classification. Consultado o 9 de setembro de 2013.
- ↑ Alexander, Chris (14 de xaneiro de 2016). ComingSoon, ed. "The Greatest Opening Scenes in Horror History: Ghost Ship". Consultado o 15 de febreiro de 2018.
- ↑ "Programación da TVG". Diario Siglo XXI. 5 de xullo de 2009. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2015. Consultado o 17 de outubro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Barco fantasma na IMDb (en inglés).
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
Categorías:
- Filmes de 2002
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes de Australia
- Filmes de Dark Castle Entertainment
- Filmes rodados en Australia
- Filmes rodados en Vancouver
- Filmes ambientados en 1962
- Filmes ambientados en 2002
- Filmes sobre pantasmas
- Filmes de Village Roadshow Pictures
- Filmes de 2002 con versión en galego