Baldaquino de San Salvador de Meis
Aparencia
Baldaquino de San Salvador de Meis | |
---|---|
Escena de Guerra | |
Presentación | |
Localización | Meis |
Dirección | Igrexa de San Salvador de Meis |
Tipo | Baldaquino |
Na igrexa de San Salvador de Meis (Meis) consérvanse catro pezas procedentes dun baldaquino, incrustadas no exterior do muro que circunda a igrexa, na praza anexa: tres ó redor dunha fonte e unha cuarta a uns metros á esquerda.
Descrición
[editar | editar a fonte]- O Nacemento de Cristo: con san Xosé á esquerda, a mula e o boi sobre a moldura do arco, o meniño Xesús no seu presebe de pallas e a Virxe axeonllada á dereita.
- A adoración dos Reis, cos tres reis magos á esquerda, o central sinalando a estrela que os guía e o máis adiantado entregando os regalos; a Virxe en maxestade, sostendo no colo a Xesús, e san Xosé á dereita.
- O Descendemento, co corpo de Cristo centrado, sobre o colo da Virxe María, dous santos homes a ámbolos lados, un sosténdolle a cabeza e outro os pés, e á dereita san Xoán.
- Escena de guerra identificada popularmente como a Batalla de Clavijo. Representa un cabaleiro a cabalo, á dereita, que se enfronta a outra figura de pé situada á esquerda. Esta peza está separada das outras tres anteriores.
-
Nacemento de Cristo
-
Adoración dos Reis
-
Descendemento
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Filgueira Valverde, Xosé; Ramón Fernández-Oxea, Xosé (1987). Baldaquinos gallegos. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza. pp. 77–78.