Baldaquino de Santa María de Curro
Aparencia
Baldaquino de Santa María de Curro | |
---|---|
Pedro e Santiago | |
Presentación | |
Localización | Barro |
Dirección | Igrexa de Santa María de Curro |
Tipo | Baldaquino |
Na igrexa de Santa María de Curro (Barro) consérvanse tres pezas dun baldaquino incrustadas nas paredes das escaleiras de subida ó adro da igrexa. Esta é de comezos do século XVI e os tres linteis semellan proceder dun antigo baldaquino sobre o altar maior, acaroado ó muro da igrexa.
Escenas
[editar | editar a fonte]As escenas representadas son as seguintes:
- A anunciación da Virxe, representada á esquerda, lendo un libro colocado sobre un atril. Fronte a ela, un vaso con azucenas ou lirios. Á dereita, un anxo sostén unha cinta ou pergamiño escrito. Era a peza da esquerda no baldaquino orixinal e atópase no muro dereito das escaleiras.
- A Virxe das Angustias co Cristo morto no colo. A ámbolos lados, dúas figuras que poden corresponder a Xosé de Arimatea, a Nicodemo ou a san Xoán, suxeitando o sudario. Nesta peza falta totalmente o arco inferior. Era a peza dereita e tamén está no muro da dereita.
- San Pedro, sostendo as chaves do ceo, á dereita; e Santiago, cunha cartela nas mans, á esquerda. Esta sería a peza frontal e atópase no muro esquerdo das escaleiras.
-
Anunciación da Virxe
-
Virxe das Angustias
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Filgueira Valverde, Xosé; Ramón Fernández-Oxea, Xosé (1987). Baldaquinos gallegos. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza. p. 74.