[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Bosóns W e Z

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Desintegración do bosón W-
Desintegración do bosón W-
Partículas do Modelo Estándar
Partículas do Modelo Estándar

En física de partículas, os bosóns W e Z son bosóns vectoriais que se coñecen en conxunto como bosóns débiles, ou, de xeito máis xeral, bosóns vectoriais intermedios. Estas partículas elementais median na interacción débil. O seus símbolos son W+, W, e Z0. Os bosóns W± teñen carga eléctrica positiva e negativa respectivamente, de valor 1 carga elemental e son unha a antipartícula da outra. O bosón Z0 non ten carga eléctrica e é a súa propia antipartícula. Cada unha das tres partículas ten spin 1.

Os bosóns W± teñen momento magnético diferente de cero, pero o Z0 non o ten. As tres partículas teñen períodos de vida moi curtos, con unha vida media duns 3×10−25 s. O seu descubrimento experimental foi clave no que é chamado o Modelo Estándar da física de partículas.

No 2024 estableceuse de xeito experimental a masa do bosón W no CMS como 80 360,2 ± 9,9 MeV, a mellor aproximación ata o momento e consistente co valor teórico proporcionado polo Modelo Estándar de 80 357 ± 6 MeV.[1]

  1. "New results from the CMS experiment put W boson mass mystery to rest - symmetry magazine". www.symmetrymagazine.org (en inglés). 2024-09-17. Consultado o 2024-10-08.