Bórax
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
Bórax | |
---|---|
Cristais de bórax | |
Fórmula química | Na2B4O7·10H2O |
Clase | Boratos |
Sistema cristalino | Monoclínico |
Cor | Branca, gris e amarela |
Brillo | Graxo |
Dureza | 2-2,5 |
Fractura | Concoidea |
Exfoliación | Imperfecta |
Raia | Branca |
Densidade | 1,7-1,8 g/cm3 |
O bórax[1][2] (do persa bürah) é un mineral da clase dos boratos cuxa fórmula química é Na2B4O7·10H2O e que é soluble facilmente na auga.
Aspecto
[editar | editar a fonte]Preséntase en cristais xeralmente brancos e opacos de crecemento desordenado.
Lugares onde se atopa
[editar | editar a fonte]O bórax atópase en lagos de borato, especialmente en climas secos. Orixínase de forma natural nos depósitos de evaporita producidos pola evaporación dos lagos de borato. Os depósitos máis importantes atópanse cerca de Boron (California) e noutros lugares do suroeste americano, nas lagoas salinas de Bolivia e no deserto de Atacama (Chile). O bórax pode sintetizarse a partir doutros compostos do boro.
Pode aparecer asociado á halita e á sodalita.
Usos do bórax
[editar | editar a fonte]O bórax emprégase en deterxentes, suavizantes, xabóns, desinfectantes e pesticidas. Utilízase na fabricación de esmaltes, cristal, cerámica, pinturas, soldaduras e preservantes de madeiras.
É frecuente o seu uso para a adulteración da heroína.
Propiedades
[editar | editar a fonte]É un mineral perigoso pois pode producir irritacións na pel e nos ollos ó contacto con estes. A inxesta de grandes dosis pode ser mortal.
Propiedades físicas
[editar | editar a fonte]Disólvese con facilidade na auga.
Propiedades químicas
[editar | editar a fonte]O boráx ten a capacidade de poder actuar, ben coma un ácido o ben coma unha base, dependendo no medio no que se encontre o que lle permite regular o pH das disolucións e dos produtos químicos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bórax.
- ↑ "bórax". TERGAL. Arquivado dende o orixinal o 09/05/2018. Consultado o 09/05/2018.