Atol Temoe
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Colectividade | Polinesia Francesa | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 12 km² | |||
Bañado por | Océano Pacífico | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Temoe ou Te Moe ás veces chamada Timo é un atol que depende administrativamente das Illas Gambier na Polinesia Francesa.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Temoe atópase a 50 km ao sueste de Mangareva. Atópase no extremo sueste do arquipélago das Tuamotu, a uns 37 km ao sueste das Illas Gambier e máis de 1700 km ao sueste de Mataiva, no outro extremo do arquipélago de Tuamotu.
De forma trapezoidal, ten 6´8 km de largo e 4´2 km de longo cunha área de 2´1 km² e unha lagoa de 12 km². As súas illas son baixas e planas, e a lagoa cunha profundidade máxima de 23 m. non ten ningún paso navegable para entrar nela. A 25 km ao oeste está un dos principais Arrecifes, o arrecife de Portland de 25 km. de longo, e situado a 10 m de profundidade.
A illa, adscrita administrativamente ás Illas Gambier,[1] está deshabitada de forma permanente.
Historia
[editar | editar a fonte]A primeira mención dalgúns dos atois fixoa o navegante británico James Wilson en 1797, quen a bautizou como Crescent Island.
Está deshabitado desde 1838, cando os misioneiros trasladaron aos seus habitantes a Mangareva para a súa evanxelización.
Historia
[editar | editar a fonte]Temoe está oficialmente deshabitada. Hai antigos restos arqueolóxicos polinesios neste atol solitario. A máis importantes son as estruturas dun templo (marae).[2]
Dise que bucaneiro Edward Davis podería chegar a Temoe e Mangareva en 1686. Pero non hai ningunha proba histórica deste feito.[3]
O primeiro rexistro europeo da chegada a Temoe foi o do navegante británico James Wilson no barco Duff en 1797. O capitán Wilson nomeou este atol "Crescent Island".[4]
En 1838 os misioneros cristiáns trasladaron a todos os habitantes de Temoe a Mangareva para axudar nos traballos de construción.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Oceandots - Temoe". Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2010. Consultado o 24 de xuño de 2016.
- ↑ Mangareva
- ↑ The Geographical Journal, Vol. 65, No. 6, Jun., 1925 - The Riddle of the Pacific
- ↑ - The Geographical Journal, Vol. 50, No. 1, Jul., 1917 - Notes on Easter Island
- ↑ "Mangareva, Tahiti - Death of a People". Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2012. Consultado o 24 de xuño de 2016.