Atol Rongelap
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Illas Marshall | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 8 km² | ||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Altitude | 3 m | ||||
ISO 3166-2 | MH-RON | ||||
Rongelap é un atol de Micronesia. Forma un distrito lexislativo da cadea Ralik nas Illas Marshall no océano Pacífico. Componse de 61 illotes cunha superficie de 8 km². A lagoa interior abarca 1000 km². En 1945 o vento levou partículas radioactivas da primeira proba nuclear polo que os habitantes deste atol foron evacuados ao atol Kwajalein para recibir asistencia médica aínda que para algúns xa era demasiado tarde. En 1957 permitiuse regresar aos nativos ata unha segunda evacuación, axudada por Greenpeace en 1985. En 1996 o Departamento de Interior dos Estados Unidos chegou a un acordo polo cal entregou 45 millóns de dólares aos nativos para a recolonización do atol.
Historia
[editar | editar a fonte]Rangelap foi reclamada polo Imperio Alemán xunto co resto das Illas Marshall en 1884, e os alemáns crearon un posto comercial. Despois da primeira guerra mundial, a illa caeu baixo o Mandato do Pacífico Sur do Imperio xaponés. Tras o final da segunda guerra mundial, Jaluit quedou baixo o control dos Estados Unidos, como parte do Territorio en Fideicomiso das Illas do Pacífico.
De 1946 a 1958 Estados Unidos levou a cabo numerosas probas de armas nucleares, incluíndo probas da bomba de hidróxeno, sobre todo no atol Bikini, a uns 120 quilómetros de Rongelap. O 1 de marzo de 1954, o test da bomba de hidróxeno Castle Bravo xerou unha choiva radioactiva que matou un membro da tripulación dun barco pesqueiro xaponés, o Daigo Fukuryū Maru, e contaminou Rongelap, cunha neve de cascallos radioactivos de ata 2 cm de alto que caeu sobre a illa. Un equipo estadounidense de médicos militares visitou a illa con contadores geiger o día despois da choiva, pero se foi sen dicirlle aos insulares o perigo ao que estaban expostos. Case todos os habitantes do atol posteriormente, queixábanse de comechón, pel inflamada, vomitos, diarrea e fatiga. Os seus síntomas tamén incluían ardor nos ollos e a inchazón do pescozo, os brazos e as pernas. Os habitantes víronse obrigados a abandonar as illas, deixando todas as súas pertenzas, tres días despois da proba. Foron trasladados a Kwajalein para recibir tratamento médico. Os Estados Unidos foi acusado posteriormente de utilizar aos habitantes na investigación médica (sen recibir consentimento) para estudar os efectos da exposición nuclear. Tres anos despois, o goberno dos Estados Unidos declarou a área "limpa e segura" e permitiu o retorno dos insulares á súa casa, aínda que se lles dixo que só comesen alimentos enlatados e evitasen os illotes do norte do atol. A evidencia de que continua a contaminación son os moitos residentes con tumores de tiroide, e moitos nenos que morreron de leucemia.
En setembro de 1996, o departamento de interior dos Estados Unidos asinou un acordo de 45 millóns de dólares para o reasentamento cos insulares, que estipula a limpeza da superficie contaminada aínda é Rongelap. Con todo, esta é unha operación considerada por algúns críticos imposible. Nos últimos anos, James Matayoshi, o alcalde de Rongelap afirmou que a limpeza foi un éxito e a visión dun futuro novo e prometedor para os habitantes e turistas.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio das illas Marshall
- Entry at Oceandots.com Arquivado 23 de decembro de 2010 en Wayback Machine.
- Sitio oficial do atol RongelapArquivado 30 de novembro de 2012 en Wayback Machine.