[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Arte minoica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A arte minoica ou arte da antiga civilización minoica desenvolveuse entre o 3 000 e o 1 100 a.C. tanto na illa de Creta, como en diversas rexións do Exeo e o Mediterráneo, lougares onde a influencia minoica foi forte por mor do comercio intenso con potencias e pobos dos arredores.

Arquitectura

[editar | editar a fonte]
Ruínas de Festo.

Unha das achegas máis notábeis dos minoicos a arquitectura é súa columna exclusiva, que era maior no cume que na base. As columnas estaban feitas de madeira e eran xeralmente pintadas de vermello. Estaban montadas nunha base de pedra sinxela e cubertas cunha almofada, unha peza redonda en xeito de capitel.[1][2] Durante o Minoico Medio os minoicos desenvolveron técnicas arquitectónicas revolucionarias como o uso de cantarías cortadas e a perforación de encaixes no cume de bloques de cantarías para a fixación de grandes vigas horizontais.

Debido a mitoloxía, moitos estudosos por anos loitaron para descubrir a localización do famoso labirinto do minotauro. Como Evans apuntou en súas primeiras impresións, Cnossos debería ser considerado como o labirinto, mentres que recentes investigacións apuntan a caverna de Escoteino, a 12 km de Cnossos, como o real labirinto. Usada para a someter os mozos a probas iniciativas, as súas galerías subterráneas descenden até 55 metros de profundidade dispóndose en 4 niveis con rutura de niveis e zonas sen saída; polo percorrido hai bloques calcarios esculpidos que representan cabezas monstruosas. No fin do circuíto hai un altar de pedra.[3] Alén diso, segundo algúns autores, o nome "labirinto" (labýrinthos), por aproximación etimolóxica coa palabra labrys (machado dobre), apuntaría para a seguinte interpretación: labýrinthos ó contrario da súa interpretación literal podería ser encarado como "palacio do labrys".[4]

Fresco mostrando un macaco.

Todos os frescos minoicos coñecidos son datados do período neopalacial. Foron atopados en Festo, Mália, Hagia Triada, Amnisos, Tílissos, e principalmente Cnossos, así como en Akrotiri, Agia Irini e Filácopi. Entre as representacións artísticas están procesións relixiosas, animais mariños (golfiños, peixes, polbos), terrestres (león, gato, macaco) e voadores (paxaros), flores e outras representacións botánicas, escenas de puxilismo e outras modalidades de loita, taurocatapsia (saltos sobre touros), seres mitolóxicos (grifóns) e deuses, persoas da sociedade, liteiras, etc. Os rostros dos homes eran pintados con vermello, mentres os das mulleres eran pintados de branco.

  1. (Benton 1998, p. 67)
  2. (Bourbon 1998, p. 34)
  3. (Salles 2008, p. 36-37)
  4. (Brandão 1986, p. 55)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Benton, Janetta Rebold; DiYanni, Robert (1998). Arts and Culture: An Introduction to the Humanities (en inglés). Nova Jersey. 
  • Bourbon, F. (1998). Lost Civilizations (en inglés). Nova York. 
  • Salles, Catherine (2008). Larousse das Civilização Antigas. Vol. I Dos faraós à fundação de Roma. São Paulo: Larousse do Brasil. ISBN 978-85-7635-443-7. 
  • Brandão, Junito de Souza (1986). Mitologia Grega I (18ª ed.). Petrópolis: Vozes. ISBN 9788532604071.