[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Áloe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Aloe»)
Áloes (xénero Aloe)

Aloe succotrina in Franz Eugen Köhler, 1897
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Subclase: Liliidae
Orde: Asparagales
Familia: Xanthorrhoeaceae
Subfamilia: Asphodeloideae
Xénero: Aloe
L., Sp. Pl., 1: 319-323, 1753 [1]
Especies
  • Véxase Especies de Aloe
  • Lista completa de especies, taxones infra-específicos e sinonimias en [2]
Sinonimia
  • Kumara Medik., 1786
  • Lomatophyllum Willd., 1811
  • Rhipidodendrum Willd., 1811
  • Phylloma Ker Gawl., 1813
  • Pachidendron Haw., 1821
  • Agriodendron Endl., 1837
  • Atevala Raf., 1840
  • Busipho Salisb., 1866
  • Chamaealoe A.Berger, 1905
  • × Lomataloe Guillaumin, 1931
  • Leptaloe Stapf, 1933
  • Aloinella (A.Berger) Lemée, 1939
  • Guillauminia A.Bertrand, 1956
  • × Alchamaloe G.D.Rowley, 1967
  • × Aleptoe G.D.Rowley, 1967
  • × Allauminia G.D.Rowley, 1967
  • × Aloella G.D.Rowley, 1967
  • × Leptauminia G.D.Rowley, 1967
  • × Chamaeleptaloe Rowley, 1973
  • × Leptaloinella G.D.Rowley, 1973
  • × Alleptauminia D.M.Cumming, 1974
  • × Alamaealoe P.V.Heath, 1993
  • × Allemeea P.V.Heath, 1993
  • × Aloptaloe P.V.Heath, 1993
  • Lemeea P.V.Heath, 1993
  • × Bleckara P.V.Heath, 1994
  • × Leminia P.V.Heath, 1994[1]

O áloe ou acebre[2] son os nomes comúns das plantas do xénero (Aloe) suculentas orixinarias de África que inclúe aproximadamente 500 especies, a máis coñecida é o áloe vera que se cultiva con propósitos farmacéuticos, ao igual que outras especies do xénero como o Aloe ferox ou Aloe succotrina.

A maioría das especies dispóñense en roseta basais de grandes follas carnosas e grosas con marxes espiñentas con flores de cores vistosas, do amarelo ao vermello que nacen dun talo florífero, e que se agrupan en inflorescencias. Medran polo xeral en terreos áridos recollendo a escasa auga nas súas follas para usala posteriormente.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Son nativas das rexións secas de África, Madagascar e Oriente Próximo, aínda que se teñen espallado por todo o mundo na actualidade. Os membros dos xéneros Gasteria e Haworthia, que teñen un xeito de crecemento semellante son, ás veces, cultivados e popularmente coñecidos como áloes. Outra familia xeralmente confundida cos áloes son as agaváceas, mais se diferencian destas en que as súas follas novas non se agrupan de forma cónica, o seu escape non é terminal e a planta non morre trala floración.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

De orixe moi incierta: podería ser derivada do grego άλς, άλός (als, alós), "sal" - dando άλόη, ης, ή (aloé, oés) que designaba tanto a planta como o seu zume - debido ao seu sabor, que lembra á auga do mar. De alí pasou ao latín ălŏē, ēs coa mesma acepción, e que, en sentido figurado, significaba tamén "amargo". Tense proposto tamén unha orixe árabe, alloeh, que significa "a substancia amarga brillante"; mais é máis probabelmente de orixe complexa a través do hebraico: ahal (אהל), frecuentemente citado en textos bíblicos.[3][4]

Características

[editar | editar a fonte]

A meirande parte das especies forman unha roseta de grandes follas carnosas e grosas que saen dun talo curto (nalgunhas especies é moi longo e incluso ramificado). Estas follas son normalmente lanceoladas cun afiado ápice e marxes espiñentas, as cores varían do cinsento ao verde brillante e ás veces están raiadas ou pintadas. As flores tubulares, con cores dende amarela a alaranxada ou vermellas, nacen enun talo sen follas, simple ou ramificado, agrupadas en acios mestos (inflorescencias). Os áloes son plantas que se reproducen por polinización cruzada e se multiplican, ademais, por semente ou por rebentos ou fillos.

Moitas das especies aparentemente non posúen talo, xurdindo a roseta directamente a nivel do chan; outras variedades poden ter ou non talos ramificados de onde agroman a carnosas follas. Algúns dos áloes nativos de Suráfrica teñen longos troncos, o que lles dá o aspecto de árbores.[5]

Este xénero ten a capacidade de conservar a auga de choiva, o que lle permite sobrevivir durante longos períodos de tempo en condicións de seca. Despois de tres anos de vida da planta, o xel contido nas duras follas verdes externas está ao máximo do seu contido nutricional.

Estas plantas cultívanse frecuentemente como ornamentais tanto en xardíns, coma en vasos, polo seu atractivo e dureza.

Algunhas especies, Aloe maculata, Aloe arborescens e en especial Aloe vera, utilízanse en medicina alternativa por conter o principio activo aloína[6] e como conxunto de urxencias doméstico de primeiros auxilios. Tanto a polpa transparente interior como a resina amarela exsudada ao cortar unha folla, úsase topicamente para aliviar doenzas da pel. Referencias sistemáticas de probas clínicas aleatorias e controladas demostraron que non existe evidencia de que o Aloe teña potentes efectos medicinais[7][8] Porén, outras pescudas suxestionan que o áloe vera pode reducir significativamente a curación de feridas en comparación aos protocolos de tratamento normais .[9]

O xel que se atopa nas follas úsase para calmar queimaduras menores, feridas e diversas afeccións cutáneas, como o eccema e a tiña. O seu efecto calmante é case inmediato, ademais de aplicar sobre as feridas unha camada que se supón reduce os cambios producidos por calquera infección.[9] O uso desta planta medicinal foi popularizado en moitos países occidentais durante a década dos 50. En Galiza tamén está en voga ultimamente.

Hai poucos estudos correctamente dirixidos sobre os posíbeis efectos beneficiosos de inxerir o xel de Aloe, por mor a que os seus extractos inxeridos en exceso son tóxicos.[10] Algúns estudos en animais de laboratorio indican que os extractos posúen un significativo efecto anti-hiperglucémico e poden ser útiles no tratamento da diabetes tipo II, porén estas pescudas non foron confirmadas en humanos.[11]

El 9 de maio de 2002, a U.S. Food and Drug Administration publicou unha lei prohibindo o uso do Aloe e a especie ‘’Rhamnus purshiana’’ como ingredientes laxantes en produtos medicinais sen receita médica.[12]

Especies de Aloe máis coñecidas

[editar | editar a fonte]
  • Aloe vera : Consómese moito polas súas propiedades medicinais. Ten unha altura de 1 m aproximadamente, as súas follas son de cor verde clara cinsenta, cunha curvatura pronunciada no comezo. A súa inflorescencia é de cor branca-amarelenta, pequena de forma semellante á do Aloe maculata.
  • Aloe arborescens : Cultívase para uso medicinal e como planta ornamental. Posúe forma arbustiva, cunha altura de até 1–2 m. Cada unha das súas follas son magras, de cor verde escura, dentes no bordo que tenden a se dobrar no extremo. A súa inflorescencia é de cor encarnada, de forma cónica, máis grande que a do Aloe maculata.
  • Aloe ferox: Consómese como laxante natural. Cunha altura de até 2 m, posúe un talo duns 20 cm de diámetro, e no seu extremo superior posúe a roseta característica dos áloes. As súas follas son de cor verde, cunha pequena curvatura. A súa inflorescencia é de cor alaranxada, de forma cilíndrica.
  • Aloe maculata: Cultívase para uso cosmético, como planta ornamental e pouco frecuentemente para uso medicinal. Cunha altura de 5–10 cm, posúe forma de estrelada con 4 ou 5 follas por nivel. Cada unha destas follas nace verticalmente pero despois cae para se manter de xeito horizontal, ten pintas brancas e dentes no bordo. A súa inflorescencia é de cor alaranxada e miúda (con forma cilíndrica).

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Sinónimos en Kew
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para acebre.
  3. Balashon-Hebrew Language Detective
  4. Douglas Harper, Online Etimology Dictionary, 2001-2012
  5. "Imágenes de Áloes arbóreos.". Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2011. Consultado o 23 de xullo de 2013. 
  6. Vanaclocha Vanaclocha, Bernat (2003). "Fitoterapia: vademécum de prescripción". Elservier. ISBN 978-84-458-1220-4. 
  7. Richardson J, Smith JE, McIntyre M, Thomas R, Pilkington K (2005). "Aloe vera for preventing radiation-induced skin reactions: a systematic literature review". Clin Oncol (R Coll Radiol) 17 (6): 478–84. PMID 16149293. 
  8. Ernst E, Pittler MH, Stevinson C (2002). "Complementary/alternative medicine in dermatology: evidence-assessed efficacy of two diseases and two treatments". Am J Clin Dermatol 3 (5): 341–8. PMID 12069640. 
  9. 9,0 9,1 Schmidt JM, Greenspoon JS (1991). "Aloe vera dermal wound gel is associated with a delay in wound healing". Obstet Gynecol 78 (1): 115–7. PMID 2047051. 
  10. "Final report on the safety assessment of aloe andongensis extract, aloe andongensis leaf juice, aloe arborescens leaf extract, aloe arborescens leaf juice, aloe arborescens leaf protoplasts, aloe barbadensis flower extract, aloe barbadensis leaf, aloe barbadensis leaf extract, aloe barbadensis leaf juice, aloe barbadensis leaf polysaccharides, aloe barbadensis leaf water, aloe ferox leaf extract, aloe ferox leaf juice, and aloe ferox leaf juice extract". Int. J. Toxicol. 26 Suppl 2: 1–50. 2007. PMID 17613130. doi:10.1080/10915810701351186. 
  11. Tanaka M, Misawa E, Ito Y, Habara N, Nomaguchi K, Yamada M, Toida T, Hayasawa H, Takase M, Inagaki M, Higuchi R (2006). "Identification of five phytosterols from Aloe vera gel as anti-diabetic compounds". Biol. Pharm. Bull. 29 (7): 1418–22. PMID 16819181. 
  12. "Status of certain additional over-the-counter drug category II and III active ingredients. Final rule". Fed Regist 67 (90): 31125–7. 2002. PMID 12001972. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]