[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Alajeró

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAlajeró
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 28°03′43″N 17°14′18″O / 28.062, -17.2384
EstadoEspaña
Comunidade autónomaIllas Canarias
ProvinciaProvincia de Santa Cruz de Tenerife
Illa volcánicaLa Gomera Editar o valor en Wikidata
CapitalAlajeró (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación2.056 (2023) Editar o valor en Wikidata (41,59 hab./km²)
Xeografía
Superficie49,43 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Altitude850 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Código postal38812 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE38003 Editar o valor en Wikidata

Sitio webayuntamientoalajero.es Editar o valor en Wikidata

Alajeró é un municipio da illa canaria de La Gomera, pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife.

Ten unha extensión de 49,43 km² e acada unha altitude de 810 metros sobre o nivel do mar. A súa lonxitude de costa é de 14,05 km.

Os cantís de Alajeró constitúen un sitio de interese científico, onde habitan especies endémicas ameazadas e protexidas. A aguia pescadora ten aquí unha zona de nidificación. Ao sur destes cantís atópase o Monumento Natural da Caldera, expoñente do volcanismo máis recente da Gomera. Tamén nos termos deste municipio atópase a Paisaxe Protexida de Orone.

O barranco de Santiago separa ao municipio de San Sebastián de la Gomera, e desemboca en Praia Santiago, pobo pesqueiro que se converteu nun dos puntos de desenvolvemento turístico da Gomera. Outras praias a mencionar de Alajeró son a de Erese e a da Negra.

Algúns edificios a destacar son a igrexa de San Salvador e a Ermida da nosa Señora do Bo Paso. A mediados de setembro ten lugar a festa na súa honra, tendo lugar, con manifestacións do folclore gomero, as procesións de baixada o 14 e a de subida o 15.

Neste municipio atópase o aeroporto de La Gomera.

Poboación

[editar | editar a fonte]

Ten unha poboación de 2.142 habitantes (INE, 2007). Os principais núcleos de poboación son Alajeró Casco, Playa Santiago, Targa, Antoncojo, Imada e Arguayoda.

Ano Poboación Densidade
1991 1143 23,12 hab/km²
1996 1155 23,37 hab/km²
2001 1465 29,64 hab/km²
2002 1533 31,01 hab/km²
2003 1726 34,92 hab/km²
2004 1894 38,32 hab/km²
2006 2054 41,55 hab/km²
2007 2142 43,33 hab/km²

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]