[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Adam Małysz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAdam Małysz

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de decembro de 1977 Editar o valor en Wikidata (47 anos)
Wisła, Polonia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónLuteranismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónCzęstochowa University of Technology (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura170 cm Editar o valor en Wikidata
Peso55 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsaltador de esquí, piloto de rally, funcionario deportivo Editar o valor en Wikidata
DeporteSalto de esquí
rally Editar o valor en Wikidata
PatrocinadorRed Bull GmbH Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Competición
- WSS Wisła
Participou en
2010Salto de esqui nos Jogos Olímpicos de Inverno de 2010 - Pista longa individual (pt) Traducir  (medalla de prata olímpica)
2010Salto de esqui nos Jogos Olímpicos de Inverno de 2010 - Pista normal individual (pt) Traducir  (medalla de prata olímpica)
2006Salto de esqui nos Jogos Olímpicos de Inverno de 2006 (pt) Traducir
2002ski jumping at the 2002 Winter Olympics – normal hill individual (en) Traducir  (Medalla de bronce olímpica)
2002ski jumping at the 2002 Winter Olympics – large hill individual (en) Traducir  (medalla de prata olímpica)
1998Salto de esqui nos Jogos Olímpicos de Inverno de 1998 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
ParentesTomasz Pilch, fillo da irmá Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Sitio webmalysz.pl Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1455129 Youtube: UC5ytOBdZEANe_6L88K2OwOg Olympic.org: adam-malysz WikiTree: Małysz-7 Editar o valor en Wikidata

Adam Henryk Małysz ([adam maȗiʃ]), nado en Wisła o 3 de decembro de 1977, é un saltador de esquí polaco, gañador de dúas medallas nos Xogos Olímpicos de Inverno e catro medallas de ouro nos Campionatos Mundiais na modalidade de saltos de esquí. Catro veces gañou a Copa do Mundo de Esquí (2001/2002, 2002/2003, 2003/2004 e 2006/2007), sendo o primeiro saltador que o fixo tres veces seguidas. 17 veces gañou o título dos Campionatos de Polonia en salto de esquí e tres veces obtivo o título de Mellor Deportista de Polonia.

Małysz comezou a súa carreira cando tiña tan só seis anos. En 1994 por primeira vez na súa vida saltou na competición da Copa do Mundo. Tamén nese ano, en Innsbruck gañou os primeiros puntos na clasificación xeral deste torneo.

Adam Małysz gañou o seu primeiro concurso da Copa do Mundo en Oslo en 1996. En 2001 gañou o Torneo dos 4 Trampolíns. Na tempada 2001/2002 gañou a Copa do Mundo sendo o primeiro representante de Polonia na historia dos saltos en facelo. Nos XIX Xogos Olímpicos de Inverno no ano 2002, en Salt Lake City, gañou dúas medallas: o bronce no trampolín K-90 e a prata no K-120.

En 2001, dúas veces en 2003 e en 2007 gañou o título de Campión Mundial.