[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Anna Freixas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAnna Freixas

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Anna Freixas Farré Editar o valor en Wikidata
21 de xullo de 1946 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesora universitaria, escritora Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Xirona, doutorando (2012–2016)
Universidade de Córdoba Editar o valor en Wikidata
Premios

Facebook: 100014154343765 Twitter: AnnaFreixasF BNE: XX832568 Dialnet: 182887 Editar o valor en Wikidata


Anna Freixas Farré, nada en Barcelona o 21 de xullo de 1946, é unha escritora feminista e profesora de universidade catalá, xa xubilada.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciouse e doutorouse en Psicoloxía pola Universidade de Barcelona, onde foi alumna de Miquel Siguán[2] e onde desenvolveu os primeiros anos da súa actividade docente. En 1981 ingresou na Universidade de Córdoba, primeiro no Instituto de Ciencias da Educación e despois na Facultade de Ciencias da Educación, onde chegou a ser directora do departamento de Psicoloxía e catedrática de Psicoloxía Evolutiva e da Educación.[3] Foi unha das creadoras da Aula de Estudos das Mulleres, que dirixiu entre 1994 e 2001, transformada despois na Cátedra Leonor de Guzmán.[1][4]

As súas liñas de investigación foron o envellecemento das mulleres, coeducación e feminismo e a evolución da investigación e docencia en Psicoloxía desde unha perspectiva de xénero. Considérase que tivo unhas achegas pioneiras para o desenvolvemento da xerontoloxía feminista en España.[5]

  • Mujer y envejecimiento. Aspectos psicosociales (Fundació La Caixa, 1993)
  • (Ed.) Abuelas, madres, hijas: La transmisión sociocultural del arte de envejecer (Icaria Editorial, 2005)
  • Demà més: dones, vides i temps (Institut Català de les Dones, 2006)
  • Nuestra menopausia: una versión no oficial (Paidós, 2007).[6]
  • Tan frescas. Las nuevas mujeres mayores del siglo XXI (Editorial Paidós, 2013).[7]
  • Sin reglas. Erótica y libertad femenina en la madurez (Capitán Swing, 2018).[8]
  • Yo, vieja. Apuntes de supervivencia para seres libres (Capitán Swing, 2021).[9]

Premios e recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • A súa obra Mujer y envejecimiento. Aspectos psicosociales recibiu o Premio Dr. Rogeli Duocastella de Investigación no campo das Ciencias Sociais, outorgado pola Fundación La Caixa, en 1993.[10]
  • En 1999 recibiu o VI Premio de Divulgación Feminista Carmen de Burgos, concedido pola Asociación de Estudos Históricos e sobre a Muller da Universidade de Málaga.[10][11]
  • En 2009 recibiu, ex aequo, o Premio Meridiana da Xunta de Andalucía, en recoñecemento á labor realizada por persoas e institucións en pro da igualdade de dereitos entre homes e mulleres, na categoría de Iniciativas de Produción Artística, Cultural ou Deportiva.[3][12]
  • En 2019 foi nomeada Doutora Honoris Causa pola Universidade Simón Bolívar de Barranquilla (Colombia). Primeira muller en ter este recoñecemento.[13]
  • En 2021 recibiu o Premio Amigos dos Maiores 2021.[14]
  1. 1,0 1,1 "Entrevistas: Freixas Farré, Anna". 25 de xuño de 2010. Archived from the original on 19 de febreiro de 2012. Consultado o 4 de setembro de 2016. 
  2. Freixas, Anna. "Un apunte, a modo de memoria personal..." (PDF). 
  3. 3,0 3,1 Universidade de Córdoba, ed. (5 de marzo de 2009). "Las profesoras Maria Jose Porro y Anna Freixas galardonadas con el premio Meridiana". Consultado o 7 de setembro de 2016. 
  4. "«Los hombres deberían aceptar su lado femenino: serían más felices»". ABC (Córdoba). 20 de novembro de 2005. 
  5. Maquieira d'Angelo, Virginia, ed. (2002). Mujeres mayores en el siglo XXI (PDF). Instituto de Migraciones y Servicios Sociales. 
  6. Freixas Farré, Anna (2007). Nuestra menopausia : una versión no oficial. Paidós. ISBN 9788449319877. OCLC 123941289. 
  7. Freixas Farré, Anna (2013). Tan frescas : las nuevas mujeres mayores en el siglo XXI (1ª ed ed.). Paidós. ISBN 9788449328664. OCLC 864198303. 
  8. Swing, Capitán. "Sin reglas | Capitán Swing". capitanswing.com (en castelán). Consultado o 25 de febreiro de 2018. 
  9. Freixas, Anna (2021). Yo, vieja : apuntes de supervivencia para seres libres (3ª ed ed.). Capitán Swing. ISBN 978-84-123902-9-2. OCLC 1269073674. Consultado o 2021-12-17. 
  10. 10,0 10,1 Editorial Icaria (ed.). "Anna Freixas Farré". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2016. Consultado o 7 de setembro de 2016. 
  11. Asociación de Estudios Históricos y sobre la Mujer de la Universidad de Málaga (ed.). "Premio Carmen de Burgos". Consultado o 7 de setembro de 2016. 
  12. Instituto Andaluz de la Mujer. "Listado de personas, colectivos e instituciones premiadas en los Premios Meridiana (1998 - 2014)" (PDF). Consultado o 5 de setembro de 2016. 
  13. JIMÉNEZ, MARTA (22 de abril de 2019). "Anna Freixas, Honoris Causa por la Universidad de Barranquilla". CORDÓPOLIS, el Diario Digital de Córdoba (en castelán). Consultado o 22 de abril de 2019. 
  14. REDACCIÓN QMAYOR. "Anna Freixas, Premio Amigos de los Mayores 2021".