[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Anatolia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaAnatolia
(tr) Anadolu Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipopenínsula Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteAsia Editar o valor en Wikidata
División administrativaTurquía Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 39°N 35°L / 39, 35
Bañado porMar Mediterráneo, Mar de Mármara, Mar Negro e Mar Exeo Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira conLevante mediterráneo
Mesopotamia Editar o valor en Wikidata
Características
Punto máis altoMonte Ararat Editar o valor en Wikidata  (5.137 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie756.000 km² Editar o valor en Wikidata
Mapa de Turquía contendo a península de Anatolia.

Anatolia,[1][2] tamén coñecida como Asia Menor, é unha península que se proxecta no sentido leste-oeste ao sur do mar Negro, en dirección ao mar Exeo. É unha rexión tradicionalmente limitada polo alto Éufrates ao leste e polos Montes Tauros ao sur, estando constituída gran parte da súa área por mesetas e montañas.

Ocupación humana

[editar | editar a fonte]

Prehistoria

[editar | editar a fonte]

A Anatolia ten sido ocupada por un longo período da existencia humana, recibindo vagas migratorias do sur e posteriormente do leste aínda durante a prehistoria, como mostran os diversos sitios arqueolóxicos presentes na rexión.

Logo despois do fin da Cuarta Glaciación, hai preto de 10000 anos, unha poboación humana de orixe descoñecida asentouse nun sitio permanente, próximo da actual Zatal Hüyük. Este vilarexo de casas rectangulares e amoreadas unhas sobre das outras (aparentemente non había ruas definidas, supónse que as persoas se movían por escadas sobre as propias casas) disputa con outros poucos sitios, como Xericó, o título de cidade máis antiga do mundo.

A pesar de haber asentamentos humanos permanentes, ningunha tribo da Anatolia formou unha civilización no sentido estrito do termo. Iso só acontecería a mediados do segundo milenio antes de Cristo, coa chegada dos hititas vindos probabelmente da Asia Central. Fundaron súa capital en Hattusa e controlaron un imperio que, na súa extensión máxima, englobaba toda a Anatolia, alén da Siria e oeste da Mesopotamia. Os hititas, no entanto, parece que non penetraron moito na costa oeste da Anatolia. A famosa Guerra de Troia, entre pobos non-hititas, localizouse na cidade costeira de Troia, posibelmente no século XIII a.C., sen a interferencia dos hititas. No século XII a.C., os hititas foron suplantados por inmigrantes, chamados polos exipcios de "pobos do mar" (entre os cales, probabelmente, estaban os frixios, que fundaron o seu propio reino no centro da península).

Asirios e Lidios

[editar | editar a fonte]

A Anatolia pasou a ser formalmente parte do Imperio Asirio. Entre tanto, co seu debilitamento, as tribos da rexión uníronse en torno do reino de Lidia, no oeste da península (probabelmente fundado tamén por novos inmigrantes da Asia Central). Ao mesmo tempo, os gregos estableceron colonias en toda a costa oeste e sur, fundando cidades como Tarso, Antalya, Éfeso e Mileto. A Lidia mantivose como o poder dominante da rexión (resistindo á expansión neo-babilonica) ata a fin do século VII a.C., cando Persia invadiu e consquistou este reino.

Persas e Macedonios

[editar | editar a fonte]

Os persas pasaron entón a controlar a Anatolia ata a invasión de Alexandre o Grande, no século seguinte. Á partir da costa, e coa axuda da mariña fenicia, os persas realizaron diversas incursións no continente europeo, sendo definitivamente repelidos por Alexandre e mailos seus aliados gregos. O breve Imperio de Alexandre fragmentouse despois da súa morte, ficando a Anatolia baixo control do seu xeneral Seleuco. Eventualmente, sen bases políticas seguras, o Imperio Seléucida sucumbiu á anarquía, aínda que os gregos se tornasen o compoñente étnico e cultural dominante, con decenas de cidades prósperas na rexión central da península. A unidade política viría co Imperio Romano.

Roma e Bizancio

[editar | editar a fonte]

A Anatolia ficou baixo poder romano, e serviu de base para as continuas (e frecuentemente inconclusas) campañas contra o Imperio Parto. A extensión do Imperio Romano fixo con que a súa capital fose brevemente movida para a cidade grega de Bizancio, posteriormente coñecida como Constantinopla. O Imperio tamén viría a se dividir, co Imperio Romano do Oriente, ou Imperio Bizantino, co controle sobre a Anatolia.

A renovada cidade de Constantinopla, mesmo localizándose no lado europeo do estreito do Bósforo, valorizou a Anatolia polo feito de se tornar a porta de entrada de Europa para os mercadores asiáticos. A Anatolia tornarase unha das rotas terrestres favoritas, principalmente para comerciantes europeos cristáns, alén de posuir varios portos importantes ao longo da costa do Mar Negro.

Durante a Idade Media, Bizancio mantivo a Anatolia segura contra invasións partas e sasánidas. Mais no final do primeiro milenio despois de Cristo, turcos vindos das estepes a noroeste da China iniciaron continuos ataques ás fronteiras de Bizancio, abalando seu control sobre a Anatolia. Aínda así, foi grazas ao controle de Constantinopla sobre a península que a Primeira Cruzada pode ser realizada por terra.

Os turcos selxúcidas xa tiñan o dominio da Anatolia no século X, e o mantiveron mesmo despois das invasións mongólicas nos países ao seu redor e ao asedio de Tamerlán no século XIV. Nese período, unha tribo turca, os otománs, conquistaron certa independencia na rexión noroeste da Anatolia, rapidamente tomando as últimas cidades gregas restantes do Imperio Bizantino. O poderio otomán expandiríase tamén polo leste, conquistando a alianza das outras tribos selxúcidas e unificando os turcos baixo o Imperio Otomán. Este imperio coexistiría por algún tempo cun poder menor no nordeste da Anatolia, o Imperio de Trebisonda. A partir da Anatolia, os turcos chegaron á península de Gallípoli, e de aló iniciaron a conquista do que restara do Imperio Bizantino, e posteriormente dun vasto territorio no leste de Europa.

A presenza turca musulmá en Anatolia e o control de Constantinopla desencoraxou o comercio das nacións cristás de Europa coa China e a India. Isto incentivou a tentativa de estabelecimento de rotas alternativas ao redor da África, e ata mesmo rutas descoñecidas cara ao oeste, polo océano Atlántico, para alcanzar aquelas nacións, fontes de especias, experiencias que culminarian co descubrimento de América en 1492.

Aínda que o seu territorio se teña expandido e retraído notabelmente ao longo dos séculos, os turcos otománs mantiveron un control permanente sobre Anatolia ata a súa disolución, ao final da primeira guerra mundial. As diversas provincias otomás declararanse independentes, entre elas Turquía, que pasou a ser a nación dominante da rexión.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para anatolio.
  2. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524. Anatolia (Turquía)