Anacronismo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Un anacronismo (do grego ἀνά 'contra' e χρόνος 'tempo') refírese a algo que non se corresponde ou parece non corresponder coa época á que se fai referencia. Por exemplo, se nunha obra de teatro que se desenvolve durante a antiga república romana aparecera un personaxe usando unha computadora, a computadora sería un anacronismo.
Hai dous tipos de anacronismos: paracronismos e procronismos. O paracronismo consiste en situar feitos do pasado nunha época posterior, por exemplo unha carruaxe de cabalos circulando por unha autovía. O procronismo consiste en colocar feitos dunha época posterior nunha anterior, por exemplo, un lexionario romano levando un reloxo dixital. Os anacronismos poden ser reais ou ficticios e, se son ficticios, intencionados ou non intencionados.