Anubía
Anubía | |
---|---|
Orixe | Galicia |
Período | 1998 - ? |
Selo(s) discográfico(s) | Boa Music |
Anubía é un grupo musical galego formado en 1998 por seis mulleres pandeireteiras –Isabel Vilaseco, Eva Blanco, Ana Blanco, Maite, Teresa e Patricia– que combinan nas súas cancións tradición e modernidade.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Antes do nacemento de Anubía as membros do grupo coincidiron na formación santiaguesa Cantigas e Agarimos e participaron en 1996 no álbum de estrea de Berrogüetto, Navicularia, tocando tamén en directo coa banda.[1]
Anubía formaríase en 1998 e o seu primeiro traballo discográfico titulouse Segredo a voces (Boa Music, 2001), e fai referencia a que elas cantan coas súas voces os segredos máis profundos da música oral de Galiza.
Nos doce temas que se recollen no disco, escoitamos polifonías vocais ben equilibradas entre elas e cos instrumentos. A produción correu a cargo de Pancho Álvarez, membro da banda de Carlos Núñez. Nesta ducia de temas hai influencias árabes e pop, xunto á tradición. A música de catro dos membros de Berrogüetto na gravación do álbum contribúe a dotar o son dunha calidade excepcional.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Segredo a voces | 2001 | Boa Music |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Segredo a voces – La Factoría del Ritmo" (en castelán). Consultado o 2023-11-04.