Antonov
Antonov | |
---|---|
Tipo | fabricante aeroespacial |
Data de fundación | 1930 |
Fundador(es) | Oleg Antonov |
Nomeado en referencia a | Oleg Antonov |
Director/a | Oleg Antonov e Petro Balabuyev |
Organización matriz | Ukrainian Defense Industry |
Organización subsidiaria | Antonov Airlines |
Premios | Orde de Lenin |
Sede | Kíiv |
País | Ucraína |
Na rede | |
http://www.antonov.com/ e https://www.antonov.com/en | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Antonov, ou Complexo Científico/Técnico Aeronáutico Antonov (Antonov ASTC) (en ucraíno:Авіаційний науково-технічний комплекс імені Антонова, АНТК ім. Антонова), antigamente a Compañía de Deseño Antonov, é unha compañía de deseño e fabricante de aeronaves e provedora de servizos aeronáuticos con base en Kíiv, Ucraína (desde 1952) con particular experiencia no campo da construción de aeronaves moi grandes, tanto para uso comercial (carga e pasaxe) coma para defensa.
Historia
[editar | editar a fonte]O nome da compañía vén do enxeñeiro ruso Oleg Antonov (nado en Troitsi, Moscova, en 1906), que a fundou o 31 de maio de 1946, e principal deseñador do Antonov An-2. An-8, An-24, An-22 e outros lendarios avións. É unha empresa de propiedade estatal. A compañía carece das instalacións necesarias para a construción total dalgunhas naves, como resultado das restricións impostas polo goberno central da Unión Soviética que repartía a construción da industria militar entre as súas diferentes rexións. Tal distribución minimizou os riscos de guerra interna, e evitaba que as repúblicas desenvolveran unha autosuficiencia económica. Dado isto, os avións Antonov eran con frecuencia construídos polas compañías Khárkiv (Ucraína), Novosibirsk (Rusia) e Tashkent (Uzbekistán).
Produtos
[editar | editar a fonte]Os avións Antonov van desde o *desgarbado Antonov An-2, (biplano demasiado grande para ser biplano), o avión de recoñecemento Antonov An-28, ata os enormes estratéxicos Antonov An-124 e Antonov An-225 (este último o maior avión xamais construído e o maior en servizo, verdadeiro xigante dos ceos). Outros menos famosos serven coma transporte de pasaxeiros de curto, mediano e longo alcance, especialmente en Rusia e Europa Oriental. O An-70 exteriormente se asemella ó Airbus A400M.
As actividades do complexo Antonov inclúen:
- Deseño e construción de aeronaves.
- Transporte de carga (Aeroliñas Antonov).
- Mantemento e mellora de aeronaves.
- Apoio en Enxeñería aerospacial.
- Operación do Aeroporto Antonov.
- Deseño e construción de trolebuses.
Aeronaves
[editar | editar a fonte]Nave | Nome | Designación OTAN | Primeiro voo | Observación |
---|---|---|---|---|
A-40 | Krylayaty Tank | 1942 | Tanque alado | |
An-2 | Colt | 31 de agosto de 1947 | Biplano monomotor multiúsos | |
An-3 | Colt | Conversión a turbinas do An-2 | ||
An-4 | Colt | An-2 con flotadores | ||
An-6 | Meteo | Colt | Avión de recoñecemento baseado no An-2 | |
An-8 | Camp | 1955 | Transporte militar lixeiro | |
An-10 | Ukraina | Cat | marzo de 1957 | Transporte medio a turbinas |
An-12 | Cub | 16 de decembro de 1957 | Transporte militar a turbinas, baseado no An-10 | |
An-14 | Pchelka | Clod | 1958 | Bimotor lixeiro |
An-22 | Antei | Cock | febreiro de 1965 | Transporte pesado para longas distancias |
An-24 | Coke | 20 de outubro de 1959 | Dobre turbina | |
An-26 | Curl | 1969 | Dobre turbina, baseado no An-24 | |
An-28 | Cash | setembro de 1969 | Transporte lixeiro de dobre turbina, baseado no An-14 | |
An-30 | Clank | 1967 | An-24 adaptado para fotografía aérea | |
An-32 | Cline | 1976 | Dobre turbina, estrutura do An-26 con motor extra | |
An-38 | 1994 | Transporte lixeiro de dobre turbina, An-28 ensanchado | ||
An-70 | 16 de decembro de 1994 | Transporte pesado, con 4 motores de turbohélice, para substituír o An-12 | ||
An-71 | Madcap | 12 de xullo de 1985 | Avión de radar naval desenvolvido xunto co An-72 | |
An-72 | Cheburashka | Coaler | 31 de agosto de 1977 | Transporte de moi curto alcance, emprega o Efecto Coanda |
An-74 | Cheburashka | Coaler | 1983 | Versión civil do An-72 |
An-88 | Proxecto para avión de radar, no completado | |||
An-124 | Ruslán | Cóndor | 1982 | Transporte militar; o maior avión xamais producido en masa |
An-140 | 18 de setembro de 1994 | Avión a turbinas de curto alcance para aeroliñas | ||
An-148 | 17 de decembro de 2004 | Desenvolvemento rexional a chorro do An-140, con motores fronte baixo as ás. | ||
An-174 | An-74 agrandado con motores fronte baixo as ás. | |||
An-180 | en desenvolvemento | Avión a turbinas de mediano alcance para aeroliñas, arredor de 175 pasaxeiros | ||
An-204 | ||||
An-218 | postergado | Turbohélice grande para aeroliñas | ||
An-225 | Mriya | Cossack | 21 de decembro de 1988 | Derivado do transporte militar An-124 |
OKA-38 | ||||
SKV |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antonov |