Amphiarius phrygiatus
Amphiarius phrygiatus | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Amphiarius phrygiatus (Valenciennes, 1840) | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
Amphiarius phrygiatus é unha especie de peixe actinopterixio da orde dos siluriformes, familia dos aríidos e subfamilia dos ariinos, unha das dúas integradas no xénero Amphiarius.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1840 polo zoólogo francés, especializado en ictioloxía, Achille Valenciennes, baixo o nome de Arius phrygiatus.[2][3][4]
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[2][3]
- Arius dieperinki Bleeker, 1862
- Arius phrygiatus Valenciennes, 1840 (protónimo)
- Cathorops phrygiatus (Valenciennes, 1840)
- Notarius phrygiatus (Valenciennes, 1840)
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]É un peixe mariño que habita tamén en augas salobres, demersal, a profundidades de entre 1 e os 20 m,[5] entre os 12° N e 1° S, e os 72° O e os 48° O, nas costas do Atlántico occidental, desde Venezuela até a desembocadura do río Amazonas, no Brasil.[6]
Pódese encontrar en estuarios salobres con salinidades moi baixas, case entrando en augas doces, en fondos lamacentos pouco profundos.[5]
Características
[editar | editar a fonte]Amphiarius phrygiatus pode alcanzar unha lonxitude máxima de 35,5 cm,[7] aínda que a lonxitude media é de 20,0 cm.[8]
Bioloxía
[editar | editar a fonte]As femias poñen os ovos agrupados nunha masa xelatinosa sobre unha depresión areosa. Os machos gardan e incuban os ovos na boca, até a súa eclosión.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Marceniuk, A.P., Betancur, R., Giarrizzo, T., Fredou, F. L. & Knudsen, S. (2015): Amphiarius phrygiatus na Lista vermella da UICN. Versión 2022-1. Consultada o 7 de agosto de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 Amphiarius phrygiatus (Valenciennes, 1840). Consultado o 7 de agosto de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 Amphiarius phrygiatus (Valenciennes, 1840) no GBIF. Consultado o 7 de agosto de 2022.
- ↑ Amphiarius phrygiatus (Valenciennes, 1840) na BioLib. Consultada o 7 de agosto de 2022.
- ↑ 5,0 5,1 Cervigón, F., R. Cipriani, W. Fischer, L. Garibaldi, M. Hendrickx, A. J., Lemus, R. Márquez, J. M., Poutiers, G., Robaina & B. Rodriguez (1992): Fichas FAO de identificación de especies para los fines de la pesca. Guía de campo de las especies comerciales marinas y de aquas salobres de la costa septentrional de Sur América. Roma: FAO.
- ↑ Froese & Pauly 2011.
- ↑ Soares, B. E., A. C. C. Santos, F. L. S. Mendes, R. B. Barthem & L. F. A. Montag (2016): "Length-weight relationship of seven marine catfishes (Siluriformes: Ariidae) in the Amazon Coastal Zone (Brazil)". J. Appl. Ichthyol. 32: 163-164.
- ↑ Taylor, W. R. & N. A. Menezes (1978): "Ariidae". En W. Fischer, ed. FAO species identification sheets for fishery purposes. West Atlantic (Fishing Area 31). volume 1. Roma: FAO.
- ↑ Le Bail, P.-Y., P. Keith & P. Planquette (2000): Atlas des poissons d'eau douce de Guyane. Tome 2, Fascicule II: Siluriformes. París: Publications scientifiques du Muséum national d'Histoire naturelle. ISBN 2-8651-5117-4.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Amphiarius phrygiatus |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cuvier, G. & A. Valenciennes (1840): Histoire naturelle des poissons. Tome quinzième. Suite du livre dix-septième. Siluroïdes. Histoire naturelle des poissons 15: 1-540.
- Froese, Rainer & Pauly, Daniel, eds. (2011): Amphiarius phrygiatus Arquivado 07 de agosto de 2022 en Wayback Machine. en FishBase. Versión de decembro de 2011.
- Marceniuk, A. P. & Menezes, N. A. (2007): "Systematics of the family Ariidae (Ostariophysi, Siluriformes), with a redefinition of the genera". Zootaxa 1416: 1–126.
- Nelson, J. S. (2006): Fishes of the World (4ª ed.) Hoboken, Nova Jersey: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 978-0-4712-5031-9.