[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Amébidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os amébidos ou Amoebidae son unha familia de microorgnismos eucarióticos do grupo dos amebozoos,[1] nos que se inclúen as amebas que producen moitos pseudópodos de lonxitude indeterminada. Os seus pseudópodos son case cilíndricos con endoplasma granular e sen subpseudópodos como os que se encontran noutros membros da clase Tubulinea. Durante a locomoción un pseudópodo é xeralmente o dominante e os outros retráense a mediada que o corpo se despraza. Nalgúns casos a célula móvese como se "camiñase", utilizando pseudópodos relativamente permanentes que lle serven como unha especie de "patas".

Os xéneros máis importantes na familia son Amoeba e Chaos, que se diferencian dos demais por teren cristas lonxitudinais.

Algunhas fontes inclúen neste grupo a Dictyostelium discoideum.[2]

  1. Nikolaev, S.; Mitchell, E.; Petrov, N.; Berney, C.; Fahrni, J.; Pawlowski, J. (2005). "The testate lobose amoebae (order Arcellinida Kent, 1880) finally find their home within Amoebozoa". Protist 156 (2): 191–202. DOI:10.1016/j.protis.2005.03.002. PMID 16171186.
  2. Sutherland PJ, Tobin AE, Rutherford CL, Price NP (1998). "Dictyostelium discoideum fatty-acyl amidase II has deacylase activity on Rhizobium nodulation factors". J. Biol. Chem. 273 (8): 4459–64. PMID 9468498. doi:10.1074/jbc.273.8.4459. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 22 de xullo de 2012.