A bóla azul
Aparencia
A bóla azul é unha famosa fotografía da Terra tomada o 7 de decembro de 1972 pola tripulación da nave espacial Apollo 17 a unha distancia duns 45 000 quilómetros. A imaxe é unha das poucas que mostran a Terra completamente iluminada, xa que os astronautas tiñan o Sol detrás deles no momento de tomaren a imaxe. Para os astronautas, que estaban a 45 000 quilómetros de distancia, a Terra tiña o tamaño e a aparencia dunha típica bóla de vidro, de aí o nome. Esta imaxe utilízase na bandeira da Terra, malia que esta non sexa oficial.