[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Y cynfeirdd

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Cynfeirdd»)

Y cynfeirdd (en galés os primeiros bardos) é o nome que se lle dá na literatura galesa aos primeiros poetas en galés dos que se teñen noticia. Parece que pertenceron ao século VI. A súa obra referénciase como hengerdd ou vella poesía.

Só conservamos a obra de dous deles Aneirin e Taliesin, dos outros só temos algunhas referencias posteriores na poesía medieval. A primeira mención (e única nalgún caso) a estes autores dánola Nennio no século IX na súa Historia Brittonum, onde, en relación con Ida o rei anglo de Bernicia (547 - 579) se fala destes poetas:

Tunc Talhaern Tat Aguen in poemate claruit, et Neirin, et Taliessin, et Bluchbard, et Cian qui vocatur Gue[ni]th Guaut, simul uno tempore in poemate Brittanico claruerunt.
Daquela Talhaearn Tad Awen (no manuscrito Talhaern Tataguen) tivo fama en poesía, e Neirin e Taliessin e Bluchbard e Cian, que se chama Gueinth Guaut, nun mesmo momento tiveron fama na poesía británica.[1]

Así, a nómina destes poetas constaría de:

En sentido estrito o termo cynfeirdd refírese só a estes poetas, pero cada vez máis se ve estendido aos poetas dos séculos VII a XI, tamén chamados os do canu'r bwlch.

  1. Ifor Williams (ed.), Canu Taliesin, t. ix.