[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Chrysolepis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Chrysolepis é un pequeno xénero de plantas pertencente á familia das fagáceas, endémico do oeste dos Estados Unidos, desde Washington até o sur de California.[1]

Características

[editar | editar a fonte]

Son árbores e arbustos perennifolios con follas simples, enteiras, cunha densa capa de escamas douradas na superficie inferior do limbo (revés) e unha capa máis fina na superior (face). Estas follas mantéñense na planta durante 3 ou 4 anos. O froito é unha cápsula espiñenta que contén tres froitos secos comestíbeis.[2]

Diferénciase do xénero Castanea en que os seus froitos tardan 14-15 meses en maduraren (3-5 meses nas castañas).

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1948 polo botánico sueco Karl Jesper Hakon Hjelmquist, e publicado en Botaniska Notiser, Supplement 2 (1): 117.[3]

A especie tipo é Chrysolepis chrysophylla.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome científico Chrysolepis está formado pola unión dos elementos do latín científico chryso- e -lepis, tirados, respectivamente, dos termos do grego antigo χρυσός chrysós, "ouro", e λεπίς lepís, "escama", en referencia as escamas amarelas destas plantas.[2]

O xénero conta con dúas especies aceptadas:[2][4]

  1. Chrysolepis en PlantList. Consultada o 16 de xullo de 2020.
  2. 2,0 2,1 2,2 Chrysolepis en Flora of North America (en inglés). Consultada o 16 de xullo se 2020.
  3. "Chrysolepis". Tropicos. Missouri Botanical Garden. Consultado o 16 de xullo de 2020. 
  4. Chrysolepis Hjelmq. no ITIS. Consultado o 16 de xullo de 2020,

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Crepet, W. L. & K. C. Nixon (1989): "Earliest megafossil evidence of Fagaceae: Phylogenetic and biogeographic implications". Amer. J. Bot. 76: 842.
  • Govaerts, R. & D. G. Frodin (1988): World checklist and bibliography of Fagales: Betulaceae, Corylaceae, Fagageae and Ticodendraceae. Ed. Royal Botanic Gardens, Kew. ISBN 978-1-9003-4746-4.
  • Jones, J. H. (1986): "Evolution of the Fagaceae: the implications of foliar features". Ann. Missouri Bot. Gard. 73: 240.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]