Celia Pereira
Aparencia
(2021) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de decembro de 1971 (52 anos) Rotterdam, Países Baixos |
Presidenta Fundación Vicente Risco | |
27 de febreiro de 2021 – ← Luís Martínez-Risco Daviña | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade da Coruña |
Actividade | |
Ocupación | avogada, profesora |
Membro de | |
Celia Pereira Porto, nada en Rotterdam o 20 de decembro de 1971,[1] é unha avogada e profesora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Dereito con Premio Extraordinario de Licenciatura (1994). Doutora en Dereito pola Universidade da Coruña (2000). Foi profesora de Filosofía do Dereito na Universidade da Coruña até 2005. Desde esa data exerce como avogada laboralista. É presidenta da Fundación Vicente Risco e membro da sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega. Foi editora da tradución ao galego e prologuista de O meu pecado mortal. O voto feminino mais eu, de Clara Campoamor.[2] En 2021 foi escollida académica correspondente da Real Academia Galega[3].
Obras
[editar | editar a fonte]- A aportación de Concepción Arenal no marco do Estado liberal español (1997).
- A discriminación de xénero na negociación colectiva. Vellas inercias e novos retos para a igualdade (2005).
- "Concepción Arenal e Clara Campoamor. Exemplos anticipados de sonoridade" (2020). En Grial, 228, tomo LVIII. pp. 154-159.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Curriculum" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2021. Consultado o 08 de novembro de 2020.
- ↑ Encontro con Celia Pereira Porto e Clara Campoamor
- ↑ "O pleno da Real Academia Galega elixe a Gonzalo Navaza académico de número". Real Academia Galega. 23 de outubro de 2021.