Castielfabib
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
Provincia | provincia de Valencia | ||||
Comarca da Comunidade Valenciana | el Rincón | ||||
Capital | Castielfabib | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 297 (2023) (2,79 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua castelá (lingua predominante) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 106,3 km² | ||||
Altitude | 927 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Guillerme I de Tolosa e Virxe da Graza | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Eduardo Aguilar Villalba (2011–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 46141 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 46092 | ||||
Código ARGOS de concellos | 46092 | ||||
Sitio web | castielfabib.es |
Castielfabib é un concello valenciano situado no interior da provincia de Valencia, na comarca do Rincón de Ademuz, un exclave rodeado completamente por terras de Aragón e de Castela-A Mancha.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Emprazada en chanzos nas pronunciadas vertentes das montañas. Por esa causa, esta vila ten como característica particular longas e estreitas rúas en pendente, que comunican entre elas por canellóns, e rúas máis estreitas, moitas sendo escaleiradas, mentres as casas parecen superpoñerse as unhas ás outras. O pobo goza dunha magnífica vista de Veiga do Ebrón, como xa describiu o botánico Antonio José de Cavanilles á finais do século XVIII, ao seu paso por esta vila.
Demografía
[editar | editar a fonte]Dende a década de 1940 do século XX a emigración despoxou de habitantes a Castielfabib. Os veciños marchában cara grandes centros industriais como Barcelona ou Valencia. Tamén foi significativa a emigración temporal cara ás vendimas de Francia.
Evolución demográfica de Castielfabib[1] | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1842 | 1857 | 1877 | 1887 | 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2001 | 2005 | 2006 | 2007 | ||
1.336 | 1.738 | 2.167 | 2.148 | 2.427 | 2.641 | 2.393 | 2.200 | 2.194 | 1.905 | 1.444 | 1.126 | 798 | 645 | 511 | 276 | 256 | 244 |
Actualmente a tendencia negativa invértese pola chegada de emigrantes provenientes principalmente do Magreb ou de Romanía.
Historia
[editar | editar a fonte]O castelo musulmán de Qastil-al'Habib foi conquistado polos cristiáns en 1210, polo rei Pedro II de Aragón, sendo recuperado polo islam, até que foi definitivamente reconquistado polo rei Xaime I de Aragón en 1259, que o incluíu entre as terras do Reino de Valencia.
Patrimonio histórico-artístico
[editar | editar a fonte]Arquitectura relixiosa
[editar | editar a fonte]- Igrexa-fortaleza Santa María dos Ánxeles, do século XIII.
- Ermida de Santa María de Gracia, do século XIV.
- Convento de San Guillermo, do século XVI.
- Ermida de San Marcos, na aldea de Los Santos, do século XVII.
- Ermida de San Diego, na aldea de Cuesta del Rato, do século XVIII.
- Ermida de San Sebastián, na aldea de Mas de Jacinto, do século XVII.
- Ermida de San Joaquín e Santa Bárbara, na aldea de Arroyo Cerezo, do século XVIII.
Arquitectura civil
[editar | editar a fonte]- Castelo de Casielfabib,de orige romano, con grande importancia histórica.
- Casa da Vila, do século XV.
- Prisión municipal, antiga prisión municipal.
- Muíño da Vila, do século XIII.
- Casa Abadía, antiga casa do cura, do século XVII.
- Hospital de pobres, antigo hospital de pobres, desaparecido, orixinal do século XV.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Poboación de feito segundo o Instituto Nacional de Estadística. Alteracións dos municipios nos Censos de Poboación dende 1842 Arquivado 11 de marzo de 2009 en Wayback Machine.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Castielfabib |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gargallo Gil, J.E.: Habla y cultura popular en el Rincón de Ademuz. Madrid, 2004.
- Rodrigo Alfonso, Carles: El Rincón de Ademuz, análisis comarcal. Valencia, 1998.
- ABABOL. Revista do Instituto Cultural e de Estudos do Rincón de Ademuz (ICERA), dirixida por Ángel Antón Andrés e publicada trimestralmente en Ademús dende 1995.