[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Casa dos Fonseca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casa dos Fonseca
Fachada principal no Paseo de Colón
Edificio
Nome inicialCasa Dórica
TipoMansión
EstiloNeoclásico
EnderezoPaseo de Colón, 8
LocalizaciónPontevedra Galicia
Coordenadas42°25′51″N 8°39′03″O / 42.4307, -8.6509
PropietarioMinisterio de Cultura
Uso(s)Sede do Arquivo Histórico da Provincia de Pontevedra
Construción
Inicio1909
Construción1910
Remate1910
Dimensións
Plantasplanta terrea e sobrado
editar datos en Wikidata ]

A Casa dos Fonseca é unha construción situada no Paseo de Colón na cidade de Pontevedra. É un dos edificios históricos máis impactantes da cidade, que salienta pola súa arquitectura neoclásica[1] e por dúas esfinxes de pedra e dúas altas palmeiras canarias que flanquean a súa entrada. Na actualidade é a sede do Arquivo Histórico da Provincia de Pontevedra.[2]

A construción do edificio comezou en 1909 e terminouse en 1910.[3] Foi encargado por Eulogio Fonseca, un dos ricos empresarios de Pontevedra de principios do século XX, ao que a serra ou a casa de baños aínda presente en vellas fotografías da Moureira déronlle prestixio e diñeiro.[4] Nas súas orixes foi a sede da loxa masónica máis importante da cidade. Na sala nobre, xusto detrás do frontispicio, reuníanse os membros da Loxa Marco Aurelio, ligados tanto á masonaría como á teosofía.[5] A casa tiña unha gran leira na parte traseira que chegaba ata o restaurante El Castaño.

Eulogio Fonseca viviu na casa, coñecida como A Dórica, ata a súa morte en 1924. A casa foi herdada polo seu fillo Luís Fonseca e Quintairos que se trasladou a vivir á Casa Dórica en 1926 e a casa converteuse nun punto de encontro da sociedade da época. A casa foi vendida posteriormente por dous millóns de pesetas debido ao seu custoso mantemento.[6]

En 1955 o edificio foi adquirido polo Ministerio de Educación para albergar dende 1960 o Arquivo Histórico e a Biblioteca Pública Provinciais. Foi reformado polo Ministerio de Cultura entre os anos 1993 a 1996.[7],[8]

Unha das esfinxes que enmarcan a fachada.

O Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra foi declarado Ben de Interese Cultural en 1985. Nel consérvanse case 9 quilómetros de documentos.[9]

Descrición

[editar | editar a fonte]

É unha gran mostra sobria e elegante do estilo neoclásico. Desde o paseo de Colón accédese ao edificio por unha escalinata de pedra, aos costados da cal se atopan dúas esfinxes que custodian a entrada.[10] Con reminiscencias do eclecticismo e historicismo, no edificio apréciase unha estraña conxunción de formas e elementos.[11]

En canto á composición do edificio, este representa o atrio dun típico templo de orde clásica. A fachada é neoclásica, cun gran pórtico de oito columnas toscanas romanas, ao estilo dun templo romano, que sosteñen un gran frontón aberto por unha xanela semicircular.[12] No frontón esta fiestra semicircular é unha clara referencia ao Ollo da Providencia, coñecido como o ollo que todo o ve, símbolo da masonaría.[13] No alto, e a cada banda do frontón, remátano dous grifóns alíxeros, que lle dan un ar afrancesado ou napoleónico. As esfinxes, grifóns e columnas de granito fan referencia a figuras mitolóxicas que protexen lugares e espazos de sabedoría.[14] O edificio consta de dous andares e ático, en cuxas dependencias destaca a sala nobre, detrás do frontispicio. Os depósitos atópanse acaroados na parte traseira da construción.[15] A estrutura da sala da xanela semicircular indica que era o lugar das reunións e ritos masónicos na cidade. Ten unha especie de retablo con varanda que o preside.[16]

A cada banda da entrada do edificio atópanse unhas esfinxes de influxo exipcio acompañadas de altas palmeiras que enmarcan a escalinata e o pórtico clásico de entrada.[17] O edificio erixiuse a imitación dun templo clásico, como a igrexa da Madeleine de París ou o Parlamento de Washington. Posúe todos os elementos deste período: grande escalinata de acceso, columnata na fachada de orde toscana que sostén un entaboamento que funciona como apoio dun frontón triangular.[18]

  1. "La faceta más sorprendente de la Pontevedra histórica". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de febreiro de 2021. 
  2. Aganzo, Carlos, 2010, Pontevedra.
  3. "El organismo se instaló en 1960 en la Casa de los Fonseca". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de setembro de 2007. 
  4. "Aquellos maravillosos años en la Dórica de la familia Fonseca". Diario de Pontevedra (en castelán). 24 de maio de 2020. 
  5. "Paseo por la heterodoxia pontevedresa". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de maio de 2013. 
  6. "Aquellos maravillosos años en la Dórica de la familia Fonseca". Diario de Pontevedra (en castelán). 24 de maio de 2020. 
  7. Aganzo, Carlos, 2010, Pontevedra. Ciudades con encanto, Madrid, El País-Aguilar, p. 90-91
  8. "El organismo se instaló en 1960 en la Casa de los Fonseca". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de setembro de 2007. 
  9. "La provincia de Pontevedra destaca por sus BICs". Diario de Pontevedra (en castelán). 9 de agosto de 2021. 
  10. "Vestigios de la masonería en la ciudad. La Casona de los Fonseca". Pontevedra Viva (en castelán). 8 de abril de 2016. 
  11. "El organismo se instaló en 1960 en la Casa de los Fonseca". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de setembro de 2007. 
  12. "Una casa masónica que cobija 11 kilómetros de documentos". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de xuño de 2018. 
  13. "Vestigios de la masonería en la ciudad. La Casona de los Fonseca". Pontevedra Viva (en castelán). 8 de abril de 2016. 
  14. "El rastro oculto de la masonería en Pontevedra". Faro (en castelán). 16 de xullo de 2021. 
  15. "Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra". Visit Pontevedra. Consultado o 10 de maio de 2013. 
  16. "El rastro oculto de la masonería en Pontevedra". Faro (en castelán). 16 de xullo de 2021. 
  17. "La faceta más sorprendente de la Pontevedra histórica". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de febreiro de 2021. 
  18. Fontoira Surís 2009, p. 434

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Aganzo, Carlos (2010). Pontevedra. Ciudades con encanto. Madrid: EL País-Aguilar. pp.90-91. ISBN 978-84-03-50934-4
  • Fontoira Surís, Rafael (2009). Pontevedra monumental. Pontevedra: Deputación de Pontevedra. p. 420. ISBN 978-84-8457-327-2

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]