Casa Buonarroti
Casa Buonarroti | |
---|---|
Fachada da Casa Buonarroti. | |
Coordenadas | 43°46′11″N 11°15′49″L / 43.76981, 11.263593 |
País | Italia |
Cidade | Florencia |
Tipo | Museo de arte |
Director | Alessandro Cecchi |
Inauguración | 1859 |
Na rede | |
https://www.casabuonarroti.it/ e http://www.casabuonarroti.it | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Casa Buonarroti é un museo consagrado a Michelangelo na cidade de Florencia, situado no palacio da familia Buonarroti, na esquina da vía Ghibellina e da vía Buonarroti.
Non é a casa natal de Michelangelo Buonarroti, pois fíxoo en Caprese na provincia de Arezzo, senón que se trata dunha das casas en que viviu o artista. O seu sobriño Leonardo, entre os anos 1546 a 1553 fixo edificar o palacio que foi logo ampliado e restaurado na súa actual forma en 1612 por Michelangelo o Mozo, cara a 1612. O Mozo utilizou un proxecto que comprendía dous deseños do propio Michelangelo. O seu último descendente, Cosimo, ofreceu o edificio e as súas coleccións á cidade, e en 1859, un ano logo da súa morte, o palacio foi aberto como museo.
O aspecto externo do palacio é moi simple. Distínguese só o portal, sobre o que se atopa un busto de bronce, copia do retrato de Michelangelo feito por Daniele da Volterra e conservado no museo do Bargello.
O principal interese deste museo é a bela colección de obras do ilustre escultor reunida ao longo dos séculos pola familia Buonarroti, descendentes do seu irmán, xa que o propio Michelangelo non tivo fillos.
Nos ambientes nobiliarios están os frescos do século XVII que exaltan a vida e as obras de Michelangelo, algún deles obra de Artemisia Gentileschi.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Casa Buonarroti |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web do museo (en italiano) (en inglés)
- Procacci, U., La casa Buonarroti a Firenze, Milán, Electa, 1965
- Ragionieri, V., Casa Buonarroti, Florencia, SPES, 1987