Carlos Piñeiro
Para o piloto de rally de mesmo nome vexáse Carlos Piñeiro Iglesias
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Carlos Aurelio López Piñeiro 1950 (73/74 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | actor de cinema, actor de televisión |
Carlos Aurelio López Piñeiro, nado na Coruña o 21 de xullo de 1950, é profesor, investigador, escritor, guionista, produtor e director de cine galego.
Biografía
[editar | editar a fonte]Doutor pola Universidade de Vigo coa tese [cum laude] "Técnica do relato fílmico" . En 1975 comezou a traballar como crítico cinematográfico en La Voz de Galicia so o pseudónimo de Caurel, e como produtor, guionista e director no Equipo Imaxe (recoñecido co Premio Mestre Mateo de honra no 2006), do que foi membro fundador.
Interveu na realización de numerosas curtametraxes, e está considerado entre os pioneiros do audiovisual galego. Pertence á Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Participou activamente en numerosos eventos, foros e actividades a favor do audiovisual galego. Tamén participou no Seminario de Análises de Guión con Linda Seger en 1997 e no obradoiro de Diálogos no Guión Cinematográfico con Valentín Fernández Tubau en 1999.
Foi profesor convidado de Teoría e Técnica Cinematográfica na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do campus de Pontevedra, pertencente á Universidade de Vigo, no curso 2000-2001. Desde 2003 é profesor na EGACI (Escola Superior de Artes Cinematográficas de Galicia).
Premios e distincións
[editar | editar a fonte]- Premio da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia de guións cinematográficos (1992).
- Nomeado aos premios Agapi 1999 á mellor dirección de produción.
- Premio nas 3ª e 4ª convocatoria dos premios da CGAI - Federación de Cineclubes de Galicia (1993 e 1995)
- Premio de investigación Provincia de Pontevedra (1996).
- Presidente da Asociación de Produtoras de Galicia entre 1988 e 1991.
- Elixido membro da xunta directiva da Asociación Galega de Guionistas en 1999.
Filmografía abreviada
[editar | editar a fonte]- Illa (curtametraxe 16mm, 1976). Equipo Imaxe. Produción, guión e dirección. Premio á mellor película nas IV Jornadas de Cine Independente, Madrid. Primeiro Premio no IX Festival Internacional de Cine Independiente Ciudad de Zaragoza, 1976.
- A ponte da verea vella (curtametraxe 16mm, 1977). Equipo Imaxe. Produción e dirección. Co-guión con Suso Montero.
- Circos (mediametraxe dcumental 16mm, 1979). Equipo Imaxe. Produción e montaxe. Dirixida por Xavier Villaverde.
- A cidade que se nos vai (curtametraxe documental 16mm, 1979). Equipo Imaxe. Produción, guión e dirección.
- Alea (vídeo-creación, 1983). Produción, guión e dirección.
- O segredo (curtametraxe 35mm, 1984). Produción. Guión de Uxía Blanco e Daniel Domínguez. Dirección de Daniel Domínguez.
- Morrer no mar (curtametraxe 35mm, 1984). Produción. Guión e dirección de Alfredo García Pinal. Primeiro premio do I Festival Internacional de Cinema de Troia. Portugal, 1985.
- Embarque (curtametraxe 35mm, 1984). Produción, guión e dirección.
- Noa e Xoana (curtametraxe 35mm, 1986). Coprodución con Luísa Peláez.
- Urxa (longametraxe 35mm, 1989). Produción. Coguión e codirección con Alfredo García Pinal.
- Aldán e Elva (vídeo piloto de telecomedia, 1991). Produción: Vici. Co-guión de Miguel Anxo Murado.
- Inanimados (Vídeo infografías, 1994). Produción. Guión e dirección de Alfredo García Pinal.
- Disonancias (curtametraxe 35mm, 1998). Coprodución con Vía Láctea Filmes. Guión e dirección de Ignacio Vilar.
- Gutbai, Charly (mediametraxe HDV, 2006). Coprodución con London Film School e EGACI. Guión e dirección de Jorge Casinello.
Obra escrita
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- O cine na revista Vida Gallega (1909-1938) (CGAI, 1995).
- O nacemento dunha cidade (A implantación do cine en Pontevedra), (Deputación de Pontevedra, 1998).
- Enrique Barreiro, cineasta e inventor (A Nosa Terra, 2001).
- As catro estacións do relato audiovisual (Fundación SGAE, 2018).
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Obradoiros de Cine Clásico (AGAG-Tórculo, 2003).
- Xéneros cinematográficos? Aproximacións e reflexións (AGAG-USC, 2006).