Candice Bergen
Candice Patricia Bergen, nada en Beverly Hills o 9 de maio de 1946, é unha actriz estadounidense.
Con múltiples talentos, Candice foi tamén modelo de alta costura, xornalista, fotógrafa, escritora de obras de teatro e dun libro con súas memorias. Foi a primeira muller que presentou o programa de televisión Saturday Night Live, durante a temporada de estrea en 1975.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Bergen naceu o 9 de maio de 1946 no Hollywood Presbyterian Hospital[1] nos Ánxeles. A súa nai, Frances Bergen (de solteira Westerman), fora unha modelo de Powers coñecida profesionalmente como Frances Westcott.[2] O seu pai, Edgar Bergen, era un famoso ventrílocuo, cómico e actor. Os seus avós paternos eras inmigrantes suecos que anglicanizaron o seu apelidos, orixinariamente Berggren.
Bergen criouse en Beverly Hills, California e asistiu á Harvard-Westlake School.[3] De nena, ás veces era descrita como "a irmanciña de Charlie McCarthy" facendo referencia ao monicreque do seu pai, o que a irritaba.[4]
Comezou a aparecer no programa radiofónico do seu pai con poucos anos,[5] e en 1958, con once anos, apareceu co seu pai no programa de Groucho Marx You Bet Your Life, como Candy Bergen. Dixo que cando crecese quería deseñar roupa. Posteriormente asistiu á Universidade de Pensilvania, mais como logo recoñeceu non tomou a súa educación en serio e tras suspender dous cursos sobre arte e ópera, pedíronlle que abandonase. Finalmente recibiu un doutoramento honorífico desta universidade en maio de 1992.[6]
Traballou como modelo antes de dedicarse á interpretación, aparecendo na portada de Vogue. Recibiu clases de interpretación no HB Studio[7] de Nova York, comezando no cinema nos anos 60. A pesar das críticas dos seus primeiros filmes, foi candidata ao Globo de Ouro á mellor actriz secundaria no cinema e ao Óscar á mellor actriz secundaria polo filme Starting Over.
En 1982, despois do éxito de Gandhi, que recibiu oito Óscars, e en que ela fixo o papel da destacada fotógrafa Margaret Bourke-White, unha das poucas occidentais a compartiren a intimidade do líder indio durante a súa vida, Bergen pasou a traballar na televisión, actuando en diversas series. Alcanzou o seu maior éxito coa serie Murphy Brown, en que interpretaba a decidida reporteira televisiva do título, e pola cal recibiu cinco premios Emmy á mellor actriz de comedia.
Posteriormente volveu actuar no cinema, participando de Miss axente especial con Sandra Bullock ou en View from the Top do brasileiro Bruno Barreto. Na televisión, participou na serie Boston Legal na ABC.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Activista política, Bergen aceptou unha cita con Henry Kissinger. Durante os seus días de activismo participou nunha broma Yippie cando ela, Abbie Hoffman e outros lanzaron billetes de dólar no chan da bolsa de Nova York en 1967, levando ao seu pechamento temporal. En 1972 participou na recollida de fondos e na organización da campaña presidencial de George McGovern.[8]
Bergen e o seu antigo mozo Terry Melcher viviron no 10050 Cielo Drive nos Ánxeles, que posteriormente foi ocupado por Sharon Tate e o seu marido Roman Polanski. Tate e outras catro persoas foron asasinadas na casa o 9 de agosto de 1969 por seguidores de Charles Manson.[9] Houbo especulacións iniciais sobre se Melcher puido ser a vítima prevista,[10] aínda que Melcher, o seu antigo compañeiro de piso Mark Lindsay e Vincent Bugliosi indicaron que Manson sabía que Melcher xa non vivía na casa nesa época.[11][12]
Entre 1971 e arredor de 1975, Bergen mantivo unha relación co produtor e guionista de Hollywood Bert Schneider.
O 27 de setembro de 1980, casou co director de cinema francés Louis Malle. Tiveron unha filla, chamada Chloe Françoise, en 1985. A parella estivo casada ata o pasamento de Malle por cancro o día de acción de grazas de 1995.[13] Bergen fala francés con fluidez.
Está casada co magnate inmobiliario e filántropo neoiorquino Marshall Rose[14] dende 2000.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1966 | The Group | Lakey Eastlake | |
1966 | O Yang-Tse en chamas | Shirley Eckert | |
1967 | The Day the Fish Came Out | Electra Brown | |
1967 | Vivre pour vivre | Candice | |
1968 | The Magus | Lily | |
1970 | The Adventurers | Sue Ann Daley | |
1970 | Getting Straight | Jan | |
1970 | Soldier Blue | Cresta Maribel Lee | |
1971 | Carnal Knowledge | Susan | |
1971 | The Hunting Party | Melissa Ruger | |
1971 | T.R. Baskin | T. R. Baskin | |
1974 | 11 Harrowhouse | Maren Shirell | |
1975 | The Wind and the Lion | Eden Pedecaris | |
1975 | Morde a bala | Miss Jones | |
1977 | The Domino Principle | Ellie Tucker | |
1978 | A Night Full of Rain | Lizzy | |
1978 | Oliver's Story | Marcie Bonwit | |
1979 | Starting Over | Jessica Potter | Candidata ao Óscar e ao Globo de Ouro á mellor actriz secundaria |
1981 | Rich and Famous | Merry Noel Blake | |
1982 | Gandhi | Margaret Bourke-White | Candidata ao BAFTA á mellor actriz secundaria |
1984 | 2010 | SAL 9000 | Só voz; acreditada como Olga Mallsnerd |
1985 | Stick | Kyle McClaren | |
2000 | Miss axente especial | Kathy Morningside | |
2002 | Sweet Home Alabama | Mayor Kate Hennings | |
2003 | View from the Top | Sally Weston | |
2003 | The In-Laws | Judy Tobias | |
2008 | Sex and the City | Enid Frick | |
2008 | The Women | Catherine Frazier | |
2009 | Bride Wars | Marion St. Claire | |
2010 | The Romantics | Augusta Hayes | |
2014 | A Merry Friggin' Christmas | Donna Mitchler | |
2016 | Rules Don't Apply | Nadine Henly | |
2017 | The Meyerowitz Stories | Julia | |
2017 | Home Again | Lillian Stewart | |
2018 | Book Club | Sharon Myers | |
2020 | Let Them All Talk | Roberta |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bergen 2014, p. 25.
- ↑ "Candice Bergen Biography (1946-)". www.filmreference.com.
- ↑ Bergen 2014, pp. 58–59.
- ↑ "So when I was born, it was only natural that I was known in the press not as Candice Bergen, but as "Charlie's sister."" (Bergen, "My Dad, Charlie and Me' in Jack Canfield, et al., A Second Chicken Soup for the Woman's Soul 1998:36
- ↑ "Bergen & McCarthy 55-12-25 Christmas (Guest Candice Bergen)", listed on Golden Age OTR's playlist on Live365.com
- ↑ "Entertainment & the Arts - Bergen Is Wimpy Compared To Alter-Ego Murphy - Seattle Times Newspaper". nwsource.com. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2014. Consultado o 13 de decembro de 2020.
- ↑ "Alumni".
- ↑ McGovern, George S., Grassroots: The Autobiography of George McGovern, Nova York: Random House, 1977, pp. 173, 247
- ↑ "Obituary Terry Melcher". telegraph.co.uk. 2004-11-23. Consultado o 30 de novembro de 2012.
- ↑ "Doris Day's son, musician, writer, record producer". Pittsburgh Post-Gazette. 2004-11-23. pp. A–15. Consultado o 30 de novembro de 2012.
- ↑ Adamson, Nancy (8 de xuño de 2013). "Mark Lindsay talks about new music, cats and Charlie Manson". Midland Reporter-Telegram. Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2013. Consultado o 13 de decembro de 2020.
- ↑ McKay (xaneiro de 1983). "Two Faces of Cincinnati". Cincinnati Magazine. p. 94. Consultado o 23 de agosto de 2011.
- ↑ "Candice Bergen and her fine romances". CBS News. 5 de abril de 2015. Consultado o 20 de novembro de 2016.
- ↑ Heller, Karen (8 de abril de 2015). "Candice Bergen holds nothing back in memoir that discusses weight, beauty". The Washington Post. Consultado o 20 de novembro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Candice Bergen |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bergen, Candice (2014) [1984]. Knock Wood. Nova York: Simon & Schuster. ISBN 978-1-476-77013-0.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Candice Bergen en wowOwow