Campo Municipal das Cancelas
Municipal das Cancelas | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 42°53′29″N 8°31′31″O / 42.891283611111, -8.5251588888889 |
Localización | Santiago de Compostela |
Construción | |
Inauguración | 1940 |
Estadio | |
Superficie | Herba Sintética |
Dimensións | 100x65 |
Capacidade | 600 |
Propietario | Concello de Santiago de Compostela |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Campo Municipal das Cancelas é un recinto deportivo dedicado ó fútbol situado a carón do cuartel da Garda Civil en Santiago de Compostela. As instalacións están xestionadas polo concello, o mesmo que o Estadio Multiúsos de San Lázaro e o Campo Municipal de Santa Isabel.
Características
[editar | editar a fonte]O campo de fútbol foi construído en 1940 por membros do Victoria Fútbol Club de San Lázaro, equipo fundado en 1937, nuns terreos que foran propiedade de Felipe Romero Donallo e que ían ser convertidos nun cemiterio. O primeiro encontro xogado nas Cancelas enfrontou ó Victoria co San Cayetano.
O recinto conta cunha única tribuna cuberta, con capacidade para 600 seareiros. Os vestiarios están debaixo da tribuna. En 2007 fixéronse reformas no estadio por valor de 390.000 euros para mellorar os vestiarios e o terreo de xogo, que agora é de herba sintética cunhas dimensións de 100x65 metros.
A utilización do campo corresponde a equipos locais, e sobre todo a categorías inferiores, é dicir, rapaces de distintas idades. As liñas do campo permiten dividir o terreo de xogo para a práctica de fútbol 7.