[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Consubstanciación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A consubstanciación é unha doutrina teolóxica que, por oposición á transubstanciación defendida polos católicos, sostén que na eucaristía coexisten as substancias do corpo e o sangue de Cristo coas do pan e o viño. É dicir, esta doutrina considera que na eucaristía atópase de forma real Cristo no seu corpo, o seu sangue, a súa alma e a súa divindade, pero existindo á vez o viño e o pan, por tanto o acto eucarístico non se trataría dunha substitución senón dunha coexistencia.

O monxe Ratramno, no século IX, da abadía Corvey, sostiña na súa De corpora et sanguine Domini que no pan e viño consagrados hai unha substancia invisible (“invisibilis substantia”) que, segundo el, serían o corpo e sangue de Cristo, e as aparencias externas que permanecen igual, pero que tal substancia invisible non era a mesma carne e sangue que naceu de María e que foi crucificada.[1] As ideas de Ratramnus serían retomadas por Berengario de Tours en 1047.[2]

Un dos seus primeiros defensores, Berengario de Tours (1000-1088), sostiña que o pan consagrado retiña a súa substancia anterior, pero ao mesmo tempo adquiría unha nova, o Corpo de Cristo; é dicir, que non perdía nada da súa substancia anterior, representando o corpo e o sangue de Cristo de maneira simbólica (panis sacratus in altari, salva sua substantia, est corpus Christi, non amittens quod erat sed assumens quod non erat). As opinións deste teólogo foron condenadas en diversos concilios (Roma 1050, 1059, 1078, 1079; Vercelli 1050; Poitiers 1074).

Durante os séculos XIV e XV, a idea da consubstanciación foi defendida polos lollards, e un pouco máis tarde, por Martiño Lutero, aínda que el non utilizou este termo.

  1. "Ratramno - Enciclopedia Católica". ec.aciprensa.com. Consultado o 3 de abril de 2022. 
  2. "CATHOLIC ENCYCLOPEDIA: Berengarius of Tours". www.newadvent.org. Consultado o 3 de abril de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]