[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Úbeda, Xaén

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaÚbeda, Xaén
Imaxe

HimnoAnthem of Úbeda (en) Traducir (14 de maio de 1982) Editar o valor en Wikidata

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 38°00′42″N 3°22′18″O / 38.0117, -3.3717
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Xaén Editar o valor en Wikidata
Capital de
La Loma (2003–) Editar o valor en Wikidata
CapitalÚbeda Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación33.810 (2023) Editar o valor en Wikidata (85,14 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie397,1 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude748 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónArcanxo Miguel e Q16646663 Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataAntonia Olivares Martínez (2015–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoUbeda City Council (en) Traducir , (Escano: 21) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Orzamento35.943.862,28 € (2008) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal23400, 23509, 23413 e 23314 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico953 75 e 953 79 Editar o valor en Wikidata
Código INE23092 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webubeda.es Editar o valor en Wikidata
Facebook: aytoubeda Twitter: aytoubeda Youtube: UCXPF_Xee41JMtboaHoBYY9g BNE: XX140662 Editar o valor en Wikidata

Úbeda é unha cidade da provincia de Xaén (Andalucía), capital da fértil comarca de La Loma. Segundo o INE en 2017 tiña 34.733 habitantes, dos cales 17.046 eran homes e 17.687 mulleres. A cidade, xunto coa próxima Baeza, foi declarada Patrimonio Cultural da Humanidade pola Unesco o 3 de xullo de 2003 debido á calidade e boa conservación dos seus numerosos edificios renacentistas e da súa singular contorna urbanística.

A cidade, situada sobre un cerro e envorcada cara ao val do río Guadalquivir fronte á impoñente Serra Mágina e cerca do centro xeográfico da provincia, constitúe un importante centro de atracción ao contar con hospital comarcal, centros educativos e escolas universitarias (UNED e SAFA), delegacións de facenda e da seguridade social, xulgados, Centro do Profesorado (CEP) etc, derivando nun dos índices de centralidade máis altos de toda Andalucía. Segundo o anuario de La Caixa, trátase da capital dunha das provincias económicas de España, cunha poboación de máis de 200.000 habitantes que acode habitualmente a comprar nela.

Úbeda vive principalmente do sector servizos, o comercio e a administración, que ocupan o 49% da poboación activa. Pero ademais o peso da agricultura é enorme, sendo un centro neurálxico do oliveiral e a produción aceiteira e un dos maiores produtores e envasadores da provincia de Xaén de aceite de oliva, pedra angular de toda a súa economía. Outras actividades complementarias son a industria, a gandería e un incipiente turismo.

O xentilicio formal da localidade é ubetense, aínda que os seus habitantes, principalmente nas vilas de ao redor como Torreperogil, Sabiote, Baeza, Villacarrillo, Rus ou Canena, tamén son coñecidos como ubedeños.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]