Örebro HK
Örebro HK | |
---|---|
Fundación | 1990 |
Cidade | Örebro, Örebro Suecia |
Estadio | Behrn Arena (5.150 espectadores) |
Liga | SHL |
Director | Pontus Gustafsson |
Adestrador | Patrik Ross |
Cores | Vermello e branco |
Na rede | |
http://www.orebrohockey.se/ | |
O Örebro Hockeyklubb ou Örebro HK é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Örebro (Suecia). O equipo ascendeu á máxima categoría do hóckey sobre xeo sueco, a SHL, para a tempada 2013-14. Xoga os seus partidos como local no Behrn Arena, un pavillón con capacidade para 5.150 espectadores.
Historia
[editar | editar a fonte]O club fundouse en 1990 como HC Örebro 90. Aínda que existía o Örebro IK (ÖIK), o obxectivo do HC Örebro 90 era asegurarse de que os xogadores de hóckey sobre xeo que non conseguiran un posto no Örebro IK puideran seguir xogando ao hóckey sobre xeo en Örebro.[1] Logo da quiebra do ÖIK en 1999, varios xogadores do ÖIK pasaron ao HC Örebro 90; un deles, Henrik Löwdahl, actualmente xoga no equipo (e o fixo dende a quiebra do ÖIK). O club mudou o seu nome para Örebro HK en 2005.
O equipo ascendeu á segunda categoría, a Allsvenskan (agora Hockeyallsvenskan) na tempada 2000-01, mais descendeu á Division 1 na tempada 2003-04, pasando cinco tempadas na Division 1 logo do seu descenso. O equipo alcanzou a Kvalserien de ascenso á Hockeyallsvenskan na tempada 2008-09, conseguindo o seu regreso á Hockeyallsvenskan ao finalizar na primeira posición na cualificación. O equipo rematou no 10º lugar na tempada 2009-10 e non se clasificou para os play-offs. Na tempada 2010-11 o equipo mellorou significativamente, rematando na terceira posición, o que lle deu dereito a participar na Kvalserien para ascender á Elitserien, aínda que non conseguiu o ascenso ese ano ao finalizar na quinta posición.[2] Dous anos despois, na Kvalserien de 2013, o equipo conseguiu o ascenso á máxima categoría e debutará na mesma na tempada 2013-14, sendo tamén a primeira tempada cun equipo de Örebro na máxima categoría dende a tempada 1978-79.
Dende o 27 de maio de 2011, o club colabora co Färjestad BK.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ - En ny förening tar sin form Arquivado 11 de maio de 2013 en Wayback Machine. (Sueco)
- ↑ Örebro HK at Eliteprospects.com
- ↑ "Färjestad samarbetar med Örebro" (en sueco). Svenska Dagbladet. 2011-05-27.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en sueco)