Öland
Tipo | illa | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
División administrativa | condado de Kalmar, Suecia | ||||
Localización | Mar Báltico | ||||
| |||||
Bañado por | Mar Báltico | ||||
Características | |||||
Superficie | 1.347 km² | ||||
Sitio web | oland.se | ||||
Öland é unha illa no Mar Báltico, ao largo da costa leste da Suecia, e pertence á mesma. Situada no Condado de Kalmar cunha área de 1342 km², é a segunda illa sueca por extensión, despois de Gotland. Poboación (2003): 24.628 habitantes. Está separada do continente polo estreito de Kalmar. Contén un sitio designado patrimonio mundial: a paisaxe agrícola do sur de Öland.
Historia
[editar | editar a fonte]Existe evidencia arqueolóxica que indica que a illa habitouse no ano 8000 a.C., xa que as escavacións que datan do Paleolítico, confirman a presenza de recolectores.[1] A comezos da Idade de Pedra, os colonizadores migraron a través da ponte de xeo que conectaba a illa a través do Estreito de Kalmar.
A evidencia da poboación de Öland (coñecida en latín Oelandia) sucedeu polo menos no 6000 a.C., cando había establecementos da Idade de Pedra en alby e outras localidades da illa. Existen panteóns da Idade de Ferro e a época dos viquingos visibles en Getllinge, Hulterstad, e noutros lugares no seu bordo do perímetro áchanse tamén barcos de pedra.
Hai dezanove fortes circulares da Idade de Ferro identificados na illa. Só un deles, Eketorp, foi completamente escavado e de aí recuperáronse máis de 24.000 artefactos.
Para o ano 900, Wulfstan de Hedeby chamou á illa «Eowland», a terra dos Eowan:
Entón, logo da terra dos Burgundianos, quedaron a nosa esquerda as terras que foron chamadas desde o inicio do tempo Blekingey, e Meore, e Eowland, Gotland, co seu territorio someitdo aos Suioes e Weonodland á nosa dereita, chegando tan lonxe como á boca do Vístula.[2]
Con todo, esta non foi a primeira mención dos Eowans. Existe un nomeamento anterior da tribo no poema Widsith na literatura anglosaxoa:
Breoca Brondingum,
- Billing Wernum.
Oswine weold Eowum
- ond Ytum Gefwulf,
Fin Folcwalding
- Fresna cynne.
Sigehere lengest
- Sædenum weold,
Hnæf Hocingum,
- Helm Wulfingum,
Widsith
Estudosos como Schütte[3] e Kendrick[4] sinalan que houbo unha mención aínda máis temperá da xente de Öland no ano 98 por Tácito, quen os chamou "Aviones":
Logo dos longobardos, chegaron os Reudigni, Auinoes, Anglos, varnos, eudosios, Suarines e Nuithones; todos eles ben resgardados por ríos e bosques. Non hai nada notable sobre ningunha destas tribos a menos que se fale da veneración de Nerthus, é dicir a Nai Terra. Eles creen que está interesada nos asuntos do home e manéxase por eles. Nunha illa no océano hai unha arboleda onde espera un vagón divino cuberto por unha cortina.Do libro Germania, de Tácito
Na historia sueca, a illa serviu como parque real, especialmente Ottenby e Halltorps, que foron seleccionados pola coroa sueca na [Idade Media] como reservas reais de recreación.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Öland é a segunda illa máis grande das illas de Suecia e historicamente dividiuse nunha cidade e cinco Centenas (vilas).
Cidades e vilas
[editar | editar a fonte]Vilas
[editar | editar a fonte]Datos
[editar | editar a fonte]- Maior altura: Högsrum, 55 m
- Lago máis grande: Hornsjön[5]
- Longo: 137 km
- Largo (no punto máis largo): 16 km
Clima
[editar | editar a fonte]Öland ten un clima oceánico semi-continental con grandes diferenzas de temperatura entre o verán e o inverno. Hai dúas estacións meteorolóxicas principais, unha situada no extremo norte e a outra no extremo sur. Malia a latitude máis setentrional, o bordo setentrional de Öland é moito máis suave que o seu bordo meridional, xa que o aire se quenta sobre as máis grandes masas de terra circundantes durante días, mentres que retén pesados trazos marítimos durante a noite. É tamén máis representativo para o clima xeral da illa.
Datos climáticos para Öland's Northern Edge, temperature 2002-2015, precipitation 1961-1990; extremes since 1901 | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Anual |
Temperatura máxima en °C | 10,7 | 13,0 | 17,3 | 23,3 | 26,4 | 32,0 | 31,0 | 31,0 | 26,6 | 22,1 | 14,0 | 11,8 | 32,0 |
Media máxima en °C | 1,7 | 2,0 | 4,9 | 9,2 | 14,2 | 19,5 | 22,5 | 21,8 | 17,7 | 11,4 | 7,2 | 4,0 | 11,3 |
Media diaria en °C | 0,3 | 0,3 | 2,4 | 6,2 | 10,9 | 15,8 | 19,0 | 18,3 | 14,9 | 9,4 | 5,6 | 2,4 | 8,7 |
Media mínima en °C | −1,0 | −1,4 | 0,0 | 3,2 | 7,5 | 12,0 | 15,5 | 14,8 | 12,1 | 7,3 | 4,0 | 0,8 | 6,2 |
Temperatura mínima en °C | −24,5 | −28,0 | −25,2 | −14,0 | −2,0 | 2,1 | 8,2 | 8,2 | 3,2 | −2,5 | −7,0 | −13,8 | −28,0 |
Precipitación media mm | 32,0 | 21,6 | 24,4 | 25,0 | 31,9 | 31,6 | 40,0 | 44,7 | 49,4 | 37,2 | 46,4 | 36,7 | 420,4 |
Fonte #1: [6] | |||||||||||||
Fonte #2: [7] |
Datos climáticos para Öland's Southern Edge (2002-2015; precipitation 1961-1990; extremes since 1937) | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Anual |
Temperatura máxima en °C | 9,8 | 8,3 | 12,6 | 16,3 | 21,2 | 25,7 | 28,7 | 27,9 | 26,5 | 17,5 | 13,3 | 10,5 | 28,7 |
Media máxima en °C | 2,2 | 1,8 | 3,8 | 7,5 | 12,0 | 15,7 | 19,4 | 19,8 | 16,0 | 11,1 | 7,4 | 4,3 | 10,0 |
Media diaria en °C | 0,7 | 0,3 | 2,0 | 5,3 | 9,8 | 13,6 | 17,1 | 17,5 | 13,8 | 9,3 | 5,9 | 2,5 | 8,1 |
Media mínima en °C | −0,8 | −1,1 | 0,1 | 3,0 | 7,5 | 11,6 | 14,9 | 15,2 | 11,7 | 7,4 | 4,4 | 0,8 | 5,3 |
Temperatura mínima en °C | −23,0 | −20,4 | −20,9 | −8,7 | −1,3 | 2,8 | 7,9 | 6,4 | 2,5 | −4,2 | −9,2 | −15,9 | −23,0 |
Precipitación media mm | 39,9 | 28,2 | 28,3 | 28,2 | 31,6 | 33,2 | 45,7 | 49,8 | 47,8 | 41,5 | 52,3 | 45,2 | 471,9 |
Fonte #1: SMHI[8] | |||||||||||||
Fonte #2: SMHI Monthly Data 2002-2015[9] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ C. M. Hogan, The Stora Alvaret of Öland, Lumina Technologies, Arquivos da Biblioteca de Aberdeen, 9 de xullo de 2006
- ↑ https://www.gutenberg.org/etext/4076
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2005. Consultado o 05 de setembro de 2017.
- ↑ "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2005. Consultado o 2005-09-09.
- ↑ "Korta fakta om Öland" [Short facts about Öland] (en Swedish). Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2012. Consultado o 3 de agosto de 2013.
- ↑ "Monthly & Yearly Statistics". SMHI. Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2019. Consultado o 27 de marzo de 2016.
- ↑ "Precipitation normals 1961-1990 (Ölands norra udde code 7722)". SMHI. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2018. Consultado o 27 de marzo de 2016.
- ↑ "Precipitation Normals 1961-1990 (Swedish)" (en sueco). Swedish Metereological and Hydrological Institute (Ölands södra udde code 6612). Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2018. Consultado o 05 de setembro de 2017.
- ↑ "Monthly and Yearly Statistics (Swedish)" (en sueco). SMHI. 28 de marzo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2019. Consultado o 05 de setembro de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Öland |