[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Castanopsis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 31 de xullo de 2020 ás 09:06 por Breobot (conversa | contribucións) (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Castanopsis é un xénero de árbores perennifolias da familia das fagáceas.

Son cerca de 120 especies, propias do leste tropical e subtropical de Asia. Un total de 58 especies son nativas da China, das cales 30 son endémicas; as outras especies están máis ao sur, desde Indochina a Indonesia, e tamén máis ao leste, en Corea e o Xapón. A maioría son especies que subministran madeiras nobres, altamente valoradas, e moitas producen tamén landras comestíbeis.

Describíronse até 393 especies do xénero Castanopsis, pero destas só 140 son aceptadas na actualidade.[1]

Estreitamente relacionado con Castanea, de cuxas especies se distinguen por teren numerosas escamas en cada brote, follas perennes, un ovario de 3 células e un froito que consiste nunha landra ou noz que madura ao final do segundo ano.

Características

[editar | editar a fonte]

As principais características das especies deste xénero son:[1]

  • As árbores son todas perennifolias, é dicir, de follas persistentes. Estas son producidas por abrochoss de forma ovoide, e teñen unha disposición alterna, pareada ou, máis raramente, en espiral ao longo do caule.
  • As inflorescencias son xeralmente unisexuais, erectas e en forma de espiga ou de panícula.
  • As flores masculinas están dispostas en grupos de 3 a 72, ou, máis raramente, illadas. O seu perianto ten 5 ou 6 pezas (até 8). Os estames son de 5 ou 6, até 122, e rodean un pistilo vestixial non funcional, cuberto con numerosos pequenos pelos curvados de aspecto laúdo.
  • As flores femininas poden seren solitarias ou, como as masculinas, reunidas en grupos de 3 a 72. Ás veces teñen estames vestixiais (estaminodios). O ovario ten 3 compartimentos e xeralmente está superado por 3 estiloss (pero ás veces 2 ou 4). Estes terminan nun estigma que pode ser puntiforme ou ter poros terminais pouco profundos.
  • O froito está composto por unha cúpula, cuberta máis ou menos densamente por pequenas brácteas de forma variábel dependendo da especie (escamas, espiñas ou tubérculos), e rodeando total ou parcialmente dun a tres aquenios. Estes aquenios alcanzan a madurez nun ano só en especies raras deste xénero, xeralmente necesitan dous anos para iso.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1841 polo botánico francés Édouard Spach, publicado en Histoire Naturelle des Végétaux. Phanérogames.[2]

A especie tipo é Castanopsis armata (Roxb.) Spach

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome científico Castanopsis está formado pola raíz Castan-, de Castanea, coa adición do segundo elemento do latín científico -opsis, tirado do grego antigo ὣψ ṓps, "vista", "aparencia", en alusión ao se parecoido coas especies de Castanea.[3][4]

Sinónimos

[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:[5]

  • Balanoplis Raf., (1838)
  • Chlamydobalanus (Endl.) Koidz., (1940)
  • Callaeocarpus Miq., (1851)
  • Pasaniopsis Kudô, (1922)
  • Shiia Makino, (1928)

(Segundo os Reais Xardíns Botánicos de Kew)

  1. 1,0 1,1 "Castanopsis". The Plant List. Consultado o 2 de xullo de 2020. 
  2. "Castanopsis". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 2 de xullo de 2020. 
  3. Castanopsis no Merriam-Webstr Dictinary.
  4. -opsis no Merriam-Webstr Dictinary.
  5. "Castanopsis". Royal Botanic Gardens, Kew: World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 2 de xullo de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]