[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

perdoar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Galego
  • Pronuncia: [peɾ.ðoˈaɾ] (AFI)

Verbo transitivo

perdoar

  1. Deixar de querer mal a alguén que nos foi hostil ou nos fixo sufrir, non aplicando un castigo ou punición a esa persoa; non gardar resentimentos en relación a alguén.
  2. Aceptar ou tolerar unha característica negativa de alguén.
  3. Eximir do pagamento dunha débeda.
  4. (Imperativo) Utilizado para, de forma delicada, interromper un discurso falado, pedindo desculpa por proceder a esa interrupción.
    • Exemplo: Perdoa, pero téñome que ir.

  5. (Coloquial, na negativa) Que resulta inevitábel, fatal.
    • Exemplo: A idade non perdoa.

  6. (Coloquial, en xeral na negativa) Deixar (non deixar) de facer algunha cousa.
    • Exemplo: Non perdoa o seu coñac matutino.

Conxugación

Traducións

Portugués

Verbo

perdoar

  1. Perdoar.

Expresións