carpa
Aparencia
- Pronuncia: /ˈkaɾpa̝/ (AFI)
carpa (sg: carpa; pl: carpas)
- (Alimentación) (Ictioloxía) Peixe da familia dos ciprínidos, de auga doce de augas eutróficas que vive en lagos e grandes ríos de Europa e Asia. As poboacións silvestres nativas considéranse vulnerables á extinción, mais a especie introducida no medio ambiente por todo o mundo é ás veces considerada unha especie invasora destrutiva. É apreciado gastronomicamente pola súa abundante carne. De corpo oval, lateralmente comprimido, escamas grandes, de cor verdosa polo dorso, e flancos e ventre máis esbrancuxados, de longa aleta dorsal, con dous pares de barbas baixo os seus grosos labios.
- Nome científico: Cyprinus carpio, Cyprinus carpio carpio.