cápsula
Aparencia
- Pronuncia: /ˈkapsula̝/ (AFI)
cápsula (sg: cápsula; pl: cápsulas)
- (Botánica) Froito dehiscente en forma de bolsa.
- Exemplo: As papoulas teñen o froito en cápsula.
- Exemplo: As papoulas teñen o froito en cápsula.
- (Farmacia) Presentación dalgúns medicamentos no interior dun envoltorio soluble para tomar por vía oral.
- Exemplo: Tómese unha cápsula despois de cada comida.
- Exemplo: Tómese unha cápsula despois de cada comida.
- (Anatomía) Membrana que rodea unha articulación e impide que os segmentos óseos se despracen en exceso.
- (Microbioloxía) Capa que recobre algunhas bacterias por fóra da parede celular (cápsula bacteriana)
- Exemplo: A cápsula contén auga e protexe a bacteria contra o desecamento.
- Exemplo: A cápsula contén auga e protexe a bacteria contra o desecamento.
- Espazo no que se sitúan os astronautas nunha nave espacial.
- Exemplo: A explosión produciuse no momento en que a cápsula entrou na atmosfera.
- Exemplo: A explosión produciuse no momento en que a cápsula entrou na atmosfera.